Portal:País Vasco/Artigo destacado/2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Saski Baskonia S.A.D. é un club de baloncesto profesional vasco da cidade de Vitoria-Gasteiz. Foi fundado en 1959 baixo o nome de Club Deportivo Vasconia, denominación que mantivo ata 1976. Ese ano, José Luis Sánchez Erauskin, quen daquela era presidente, trocou o "V" polo "B", pasando o club a denominarse C.D. Basconia. Entre 1984 e 1986 foi patrocinado por "Caja de Álava", dende 1987 ata 2009 estivo patrocinado pola empresa de cerámicas Taulell, dende 2009 a 2013 pola caixa vasca "Caja Laboral", e dende 2013 ata 2016, pola caixa vasca "Laboral Kutxa".

O Baskonia compite na Liga ACB española, e nos últimos anos converteuse un dos clubs máis potentes do baloncesto español e europeo. A súa cancha de xogo é o Fernando Buesa Arena, un pavillón que conta cunha capacidade para 15.504 espectadores. O presidente do club é dende setembro de 1988 o ex-xogador Josean Querejeta.

Ao longo da súa historia, o club vitoriano conseguiu 3 campionatos da Liga ACB, 6 Copas do Rei, 4 Supercopas de España, e unha Recopa de Europa.