Portal:Ferrol/Artigo destacado/2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Fundaçom Artábria é unha entidade cultural que procura o recoñecemento do galego (entendido como o portugués de Galiza) dentro da unidade lingüística galego-portuguesa. O seu ámbito de actuación é Ferrolterra e ten a súa sede social na cidade de Ferrol.

Artábria foi inicialmente unha asociación dedicada á defensa do galego e da súa identidade como portugués. Creada en 1992 no concello de Narón, o seu ámbito estendeuse logo aos concellos veciños de Ferrol e Fene, con persoas asociadas procedentes dos mesmos. Nesa etapa inicial, a Associaçom Reintegracionista Artábria organizou cursos de lingua en Narón e Ferrol, en ocasións colaborando con institucións municipais ou co movemento asociativo da comarca.

É unha asociación sen fin de lucro, declarada de interese galego e clasificada como de interese cultural pola Xunta de Galicia en 1998, ano da súa creación. Financiada polas cotas dos socios, desenvolve todo o tipo de actividades socio-culturais: concertos, edición de libros, bandas deseñadas e outros materiais en galego, organización de cursos de lingua e doutras disciplinas, festivais, conferencias, excursións, campañas reivindicativas en torno á defensa do galego etc.