Portal:Cataluña/Cidade destacada/2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xirona (en catalán: Girona, pronunciado [ʒiˈɾonə]) é unha cidade do nordeste de Cataluña, capital da comarca do Gironès e da provincia de Xirona. Tiña 96.188 habitantes segundo os datos de 2009.

A cidade de Xirona está sita na confluenxia dos ríos Onyar, Güell, Galligants e Ter, a unha altitude de 70 metros, na chaira do mesmo nome. A pouca distancia dos Pireneos e da costa do Mediterráneo. Fica nunha posición estratéxica entre, o porto de montaña e fronteira con Francia de La Jonquera e a cidade de Barcelona.

Esta situación privilexiada, xa de seu, vese potencializada coa existencia do seu aeroporto, perfectamente ligado ao resto do mundo como segundo aeroporto de Barcelona e importante base de operacións de Ryanair.

Malia ser unha cidade de tradición pausada e tranquila ten dous momentos de festa en que é visitada por persoas vindas de Cataluña toda. Estes son: as feiras de Sant Narcís, patrón da cidade; e Temps de flors, a terceira semana de maio.