Príncipe de Asturias (R-11)
| Príncipe de Asturias (R-11) | |
|---|---|
O Príncipe de Asturias nunhas manobras multinacionais |
|
| Historial | |
| Estaleiro | Empresa Nacional Bazán |
| Clase | Príncipe de Asturias (é o único) |
| Tipo | Porta aeronaves |
| Operador | Armada Española |
| Autorizado | 1977 |
| Posta en grella | 1979 |
| Botado | 22 de maio de 1982 |
| Asignado | 30 de maio de 1988 |
| Baixa | 6 de febreiro de 2013[1] |
| Características xerais | |
| Desprazamento | 13.400 t baleiro, 17.188 t cargado ó máximo |
| Eslora | 195,9 m |
| Manga | 24,3 m |
| Calado | 9,4 m |
| Calado aéreo | 38,6 m |
| Sensores | ·Radar aéreo: Hughes AN/SPS-52C, tridimensional e alcance de 439 km, operando en bandas E/F ·Radar superficie: ISC Cardion AN/SPS-55, bandas I/J ·Control de aeronaves: ITT AN/SPN-35A, banda J ·Control de fogo: 4 Sperry VPS 2 (Meroka), banda I. RTN 11L/X, alerta misiles. RAN 12L, banda L (designación e búsqueda para os Meroka). |
| Armamento | 4 x FABA Meroka mod 2A3 CIWS 20mm/120 ·2 x Rheinmetall 37mm (salvas) |
| Autonomía | 6.500 millas náuticas a 20 nós (12.000 km) |
| Tripulación | 555 mariñeiros, 208 grupo aéreo |
| Aeronaves | AV-8B Harrier II Plus SH-3D/H Sea King Hughes 500 Agusta-Bell AB 212ASW/EW Seahawk SH-60B Lamps III |
O Príncipe de Asturias (R-11) é un buque porta aeronaves clase CVV, da Armada Española. O R-11 é o actual buque insignia da Flota, e xunto as súas fragatas de escolta, forman o Grupo 1 de Proxección da Flota. É o terceiro portaaeronaves na historia da Armada, logo dos dous Dédalo, o (ex USS Cabot (CVL-28)) e o portahidroavións do mesmo nome que participou activamente no Desembarco de Alhucemas de 1925.
Índice |
Historia [editar]
O portaavións foi construído no Ferrol pola Empresa Nacional Bazán (agora Navantia) partindo dun deseño inicial realizado nos Estados Unidos, chamado Sea Control Ship (SCS) e rematado en 1977. Non obstante, os planos e especificacións entregados non correspondían exactamente coas necesidades españolas, realizando a Empresa Nacional Bazán numerosos cambios e melloras.
A orde de execución do buque deuse aos estaleiros de Bazán Ferrol o 29 de xuño de 1977, e a colocación en grada do primeiro bloque prefabricado estaba prevista para mediados de 1979, sendo a data real o 8 de outubro de 1979. A data prevista para a botadura era 1981, pero a real foi o 22 de maio de 1982, un ano máis tarde do previsto.[2] Entre a botadura e a entrega houbo moito atraso e un importante aumento de custes, debidos, entre outras causas, aos numerosos problemas laborais de Bazán, o cambio nos sistemas de contratación de equipos en plena fase de construción e ás modernizacións que impuxo a Armada durante esta fase.[3]
O proxecto, que naquel momento era dunha gran envergadura económica e tecnolóxica, carrexou atrasos e aumentos nos custes; mais o Goberno de Felipe González apoiou o proxecto e rematouno.
Os cambios nas esixencias navais significaron que moitos dos sistemas do barco tiveron que ser modificados coa adición do «Tritan Digital Command» e o Sistema de Control. Non entrou en servizo activo ata o 30 de maio de 1988 e regresou aos estaleiros de Ferrol para reformarse rapidamente en 1990.
O portaaeronaves tailandés HTMS Chakri Naruebet foi construído nos mesmos estaleiros, tomando como base o deseño do Príncipe de Asturias.
O grupo aéreo embarcado [editar]
O grupo aéreo embarcado soporta ata 29 aeronaves, doce AV-8 Harrier II e AV-8B Harrier II Plus, así como doce helicópteros, normalmente unha combinación de modelos Sikorsky e Agusta, seis Sikorsky Sea King SH-3H, cuatro Agusta AB-212 e dous Sikorsky SH-3 AEW. Debido á capacidade STOL, STOVL e VTOL dos aparatos embarcados, a cuberta de voo descentrada é de 175,3 m, incluíndo una rampla (ski-jump) de 12º e 46,5 m de lonxitude que logra un maior arranque en menor distancia.
As dúas grandes turbinas de gas xeran 34,6 Mw por unidade (46.400 CV), propulsando unha única hélice de cinco palas. A velocidade media máxima é de 27 nos, cunha autonomía de 6.500 millas náuticas a unha velocidade de cruceiro de 20 nos.
Galería de imaxes [editar]
-
Na Coruña.
Novo buque [editar]
En 2010, ao Príncipe de Asturias uniráselle un novo navío de deseño e tecnoloxía punteira, capaz de desempeñar labores como portaavións e como buque multipropósito. Trátase do LHD, chamado Juan Carlos I (L-61), botado nos estaleiros de Navantia en Ferrol en marzo do 2008 e que será o meirande navío da Armada Española.
Notas [editar]
- ↑ El Príncipe de Asturias despide en Rota al portaaviones que lleva su nombre. http://www.diariosigloxxi.com/texto-s/mostrar/83985/el-principe-de-asturias-despide-en-rota-al-portaaviones-que-lleva-su-nombre.
- ↑ La Armada Española (ISBN 84-7140-172-X)
- ↑ La Aeronáutica en la Armada, El reto de los 90 EN Bazán (1988) (ISBN 84-87063-01-2)