Polyprion

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Polyprion oxygeneios .
Polyprion moeone.

Polyprion (do grego πολύς polýs, "moito", "numeroso" e πρίων príōn, "serra", en alusión ás prominentes aletas espiñentas) é o xénero tipo da familia dos polipriónidos (Polyprionidae), peixes actinopterixios da orde dos perciformes (Perciformes).[1]

Características[editar | editar a fonte]

  • Peixes de considerábel tamaño, coa cabeza grosa e maciza e un opérculo dotado de dúas espiñas arredondadas.
  • Unha soa aleta dorsal, con de 9 a 12 espiñas e de 11 a 13 raios brandos; unha anal con 3 espiñas e de 7 a 10 raios brandos; aletas pelvianas cunha espiña e 5 raios brandos; aleta caudal truncada ou arredondada.
  • Viven nos fondos oceánicos, onde se resgardan no interior de covas.

Clasificación[editar | editar a fonte]

O xénero comprende as catro especies seguintes:[1]

  • Xénero Polyprion (Oken, 1817)
    • Polyprion americanus (Bloch e Schneider, 1801), a cherna.
    • Polyprion moeone (Phillipps, 1927)
    • Polyprion oxygeneios (Schneider e Forster en Bloch e Schneider, 1801)
    • Polyprion yanezi (de Buen, 1959)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]