Pierre Savorgnan de Brazza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pietro Paolo Savorgnan di Brazzà fotografado por Nadar

Pietro Paolo Savorgnan di Brazzà, máis coñecido como Pierre Paul François Camille Savorgnan de Brazza, nado o 26 de xaneiro de 1852 e finado o 14 de setembro de 1905, foi un explorador francés de orixe italiana. Abriu sen axuda a bacía do río Congo para Francia, o que permitiu o establecemento colonial francés en África occidental. En 1880 fundou a cidade de Brazzaville.