Pierre Alexis Ponson du Terrail

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ponson du Terrail.

Pierre Alexis Ponson du Terrail, nado en Montmaur (Hautes-Alpes) o 8 de xullo de 1829 e finado en Bordeos o 20 de xaneiro de 1871, foi un novelista francés.

Foi un prolífico autor que produciu aproximadamente setenta e tres volumes nun espazo duns vinte anos. É lembrado hoxe especialmente pola creación do personaxe de Rocambole, do cal se deriva o adxectivo rocambolesco.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]