Pedro Castro Eiroa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pedro Castro
Información persoal
Nome Pedro Castro Eiroa
Nacemento 25 de novembro de 1947 e 15 de novembro de 1947
Lugar de nacemento Mera
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1967–1968 Sporting Coruñés
1968–1982 Deportivo Galicia
Selección nacional
1975–1981 Venezuela 9 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Pedro Castro Eiroa, nado en Mera o 25 de novembro de 1947, é un exfutbolista galego, que desenvolveu a súa carreira en Venezuela. Defendeu durante máis dunha década a camiseta do Deportivo Galicia e foi capitán da selección venezolana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xogou no Hércules de San Pedro de Nós, antes de emigrar coa súa familia a Venezuela.[1] En Caracas xogou no Sporting Coruñés, adestrado por Antonio Villar Chao, conquistando o Torneo Ibérico e en 1968 levouno para o Deportivo Galicia Lázaro Candal, secretario técnico do club.[2]

En 1971 foi chamado polo adestrador galego Eduardo Toba para facer unha proba co Real Oviedo.[3] Ademais adestrou co Deportivo da Coruña ás ordes de Arsenio pero acabou regresando a Caracas. Xogou no Galicia ata 1982, conquistando tres veces a Primeira División de Venezuela e outras tres a Copa de Venezuela.

Tras a súa retirada traballou coas categorías inferiores da selección venezolana.

Selección de Venezuela[editar | editar a fonte]

Debutou coa selección venezolana o 31 de xullo de 1975, nun partido da Copa América fronte ao Brasil en Caracas. Ao comezo da segunda parte sufriu unha grave lesión que o mantivo afastado dos terreos de xogo durante dous anos. Con todo, volveu á selección anos despois e converteuse no seu capitán. Xogou o seu último partido coa Viño Tinto o 28 de xuño de 1981 fronte a España.[4]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Sporting Coruñés[editar | editar a fonte]

Deportivo Galicia[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La Voz del aficionado". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de agosto de 1971. p. 15. 
  2. "Pedro “El Gallego” Castro un defensa central de lujo, testimonios de compañeros que compartieron en la cancha con él" (en castelán). 11 de outubro de 2020. Consultado o 24 de marzo de 2021. 
  3. "Pedro Castro, sometido a prueba por el Oviedo". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de agosto de 1971. p. 16. 
  4. "Venezuela - España 1981". sefutbol.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2020. Consultado o 24 de marzo de 2021.