Pedro Antonio Fernández de Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pedro Antonio Fernández de Castro

Pedro Antonio Fernández de Castro, nado en Madrid en 1632 e finado en Lima en 1672, foi o X Conde de Lemos, administrador e político español vencellado a Galiza.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pedro Antonio Fernández de Castro Andrade e Portugal, décimo Conde de Lemos, marqués de Sarria, duque de Taurisano e Vicerrei do Perú de 1667 a 1672. Nacido en Madrid en 1632, foi educado para a guerra, sendo favorito da corte cando o Rei Carlos II noméao Vicerrei de Perú en 1666.

O 9 de novembro de 1667, chega ao porto do Callao e fai a súa entrada a Lima tomando posesión do seu cargo, o 21 de novembro como novo Vicerrei do Perú.

Foi famoso nese período ao ser xusticeiro e inflexible, preocupouse pola pureza de prácticas relixiosas. Deu impulso á construción de edificacións en Lima, e Fundou algunhas institucións públicas en Lima, como unha hospital para indios convalecentes e un hospicio para mulleres arrepentidas.

En Lima[editar | editar a fonte]

A principios dos 1670s as noticias que chegaron a Lima sobre o famoso corsario inglés Henry Morgan, quen tomara Chagres, capturado e saqueado a cidade de Panamá motivaron a que o Vicerrei Fernández de Castro enviase unha expedición de 18 barcos e case 3 000 soldados, pero o seu arrivo a Panamá foi demasiado tarde; Morgan xa abandonara a cidade.

A súa fe católica[editar | editar a fonte]

Fernández de Castro foi un católico moi devoto e un forte apoio dos Xesuítas. Axudou non só economicamente, senón que laboró durante a construción da Igrexa dos Desamparados, cerca á ponte no río Rímac, en Lima. Frecuentemente facía de axudante ou sacristan na misa do Pai Francisco del Castillo.

O Conde e a Condesa tamén foron importantes auspiciares da canonización de Santa Rosa de Lima, tanto na Corte en España e no Vaticano. O 12 de Febreiro de 1668 Rosa foi beatificada, cunha celebración oficial que levou a cabo o 15 de abril dese ano, na Basílica de San Pedro, a comunicación oficial chegou a Lima o 18 de xaneiro de 1669. O Conde e a Condesa enviaron unha escultura de Santa Rosa ao Vaticano (Melchor Caffa foi o escultor). Con ocasión da súa beatificación, o seu féretro de madeira foi substituído por un de prata, custeado pola Condesa. Por requirimento da rexente española Mariana de Austria, o 11 de agosto de 1670 Rose foi nomeada Patroa das posesións españolas en América e Filipinas. Foi canonizada o 12 de abril de 1671 polo Papa Clemente X. Rosa foi a primeira nacida en América en ser consagrada como santa católica.

Durante o seu goberno produciuse un feito prodixioso ao intentar borrar a imaxe do Señor dos Milagres, polo cal mandou edificar unha ermida. O 14 de setembro de 1671 oficiouse a primeira misa ante as altas autoridades eclesiásticas e civís, data que coincide co día da Exaltación da Cruz, comezándose a difundir o culto e a chegar de diferentes lugares numerosos fieis, comezándoo a chamar ao crucificado Santo Cristo dos Milagres, ou de As Marabillas

Faleceu en Lima, o 6 de decembro de 1672. O seu corpo foi sepultado na Igrexa de San Pedro de Lima (entón chamada Igrexa de San Pablo, antes da expulsión dos xesuítas) sendo o seu corazón depositado aos pés da nosa Señora dos Desamparados, na Igrexa que axudou a construír. (Cando a antiga Igrexa da nosa Señora dos Desamparados, detrás de Palacio de Goberno, fóra demolida en 1938 o corazón do Conde de Lemos foi levado á Igrexa de San Pedro e posto nun nicho entre os altares de San Francisco de Borja e San Luís Gonzaga.)