Patrick Ssenjovu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Patrick Ssenjovu
Patrick Ssenjovu.jpg
Ssenjovu en 2008
Nacemento Patrick Ssenjovu
Kayunga, Uganda Uganda
Profesión actor, director de cine e produtor de cine.
Ficha na IMDb

Patrick Ssenjovu nado en Kayunga é un actor de cine e teatro ugandés. Tamén traballa como director e como produtor de cine.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Aos catorce anos Ssenjovu convertiuse no membro máis novo de Impact International, un grupo de danza e teatro, facendo actuacións por toda Europa e os Estados Unidos, incluíndo Woza Albert!, unha obra de sátira política. Logo mudouse a Nova York, onde se convirtiu en membro da Great Jones Repertory Company e traballou con xente como Meredith Monk, Ellen Stewart, Ping Chong, Barish Seth e Robert Wilson. Ssenjovu actuou en lugares como La MaMa Experimental Theatre Club, o Lincoln Center, o Teatro de Ohio e a St. Anne's Warehouse, os catro con sede en Nova York e o New Jersey Performing Arts Center, ubicado en Newark, Nova Jersey.

Filmes e videoxogos[editar | editar a fonte]

Ssenjovu apareceu como "Ibrahim Moshoeshoe" en Game 6 (2005), un drama dirixido por Michael Hoffman, e en The Interpreter (2005), un thriller dirixido por Sydney Pollack.

Ademais, fixo da voz de "Outros personaxes" en X-Men Origins: Wolverine (2009), un videoxogo de acción.

Produción e dirección[editar | editar a fonte]

No 2009, Ssenjovu produciu e dirixiu Awaken, unha curtametraxe e drama.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]