Parque Natural de ses Salines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista aérea das salinas de Eivisa.
Ses Salines de Eivisa.

O Parque Natural de ses Salines é un espazo natural protexido das Illas Baleares, proclamado por lei do Parlament Balear desde 2001.

O territorio que comprende o parque natural é dunhas 2.838 hectáreas das antigas salinas de Eivisa, en Sant Josep de sa Talaia, e das salinas de Formentera, máis 13.000 hectáreas mariñas de Es Freus, o estreito que separa as dúas illas. Inclúe practicamente unha representación de tódolos ecosistemas que se atopan na illa de Eivisa, especialmente das marismas. Dentro da fauna destaca a ornitolóxica, en concreto os flamengos habitan no parque todo o ano.

Anteriormente á declaración como Parque Natural contaba coas seguintes figuras xurídicas de protección medioambiental:

Durante máis de trinta anos houbo polémicas, a nivel cívico e político, entre os intereses turísticos urbanizadores da zona e os de protección medioambiental.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ibiza, Biodiversity and Culture" (en inglés). UNESCO Culture Sector. Consultado o 20-02-2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Coordenadas: 38°48′N 1°25′L / 38.800, -1.417