Parque Natural das Serras de Cazorla, Segura e Las Villas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Serras de Cazorla, Segura e Las Villas
Imaxe do Parque Natural
Marco Legal
Figura de Protección: Parque natural
Ano de constitución: 16 de marzo 1986 Parque Natural, 1983 Reserva da Biosfera
Superficie: 214.000 hectáreas
Lexislación:
Datos de interese
País: España España
Provincias: Bandera de la provincia de Jaén.svg Xaén
Concellos: Beas de Segura, Benatae, Cazorla, Chilluevar, Genave, Hinojares, Hornos, Huesa, La Iruela, Iznatoraf, Orcera, Peal de Becerro, Pozo Alcon, La Puerta de Segura, Quesada, Santiago-pontones, Santo Tome, Segura de La Sierra, Siles, Sorihuela del Guadalimar, Torres de Albanchez, Villacarrillo, Villanueva del Arzobispo
Ríos: Guadalquivir
Picos Cabañas (2028 metros), Empanadas (2106 metros)
Direccións: Centro de Visitantes Torre del Vinagre. Estrada do Tranco, km 18
Teléfonos: 953 72 01 15


O Parque Natural das Serras de Cazorla, Segura e Las Villas atópase en Andalucía. Esténdese pola provincia de Xaén.

Flora[editar | editar a fonte]

A formación forestal máis estendida é o bosque mediterráneo, dominado polo piñeiro negral e os xenebreiros. Existen interesantes endemismos coma o Xeranio de Cazorla (Geranium Cazorlense) e o Erodium Cazorlanum.

Fauna[editar | editar a fonte]

O mamífero máis común e salientable é a cabra montesa. Entre as aves, nomear o quebraosos. Actualmente é obxecto dun proxecto de reintrodución. Esta especie desapareceu do parque no 1986, tralas campañas de envelenamento promovidas pola Administración franquista dende as décadas 50 e 60 do século XX. Entre os réptiles existe o endemismo da lagartixa de Valverde (Algyroides Marchi).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns Externas[editar | editar a fonte]