Pardoglossum cheirifolium

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pardoglossum cheirifolium

Vista xeral en floración e frutificación.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Lamiales
Familia: Boraginaceae
Subfamilia: Boraginoideae
Xénero: 'Pardoglossum'
Nome binomial
Pardoglossum cheirifolium
Barbier & Mathez, 1973
Flores.
Frutificacións.

Pardoglossum cheirifolium é unha especie de planta herbácea da familia das Boraginaceae.

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha planta herbácea bienal, de 15-65cm de alto, xeralmente cuberta de tomento esbrancuxado e de talos simples ou ramificados desde a base, hirsutos ou tomentosos. As follas son densamente pelosas por ambas as caras, as da roseta basal de 20 por 2-3 cm, con pecíolo duns 7 cm e limbo oblanceolado ou elíptico, normalmente ausentes na fructificación e as caulinares inferiores longamente pecioladas, con limbo de 1,5-2(3) cm de anchura, oblanceolado ou elíptico mentres as medias e superiores, de 10 por 2cm, son oblanceoladas, oblongas ou ovado-oblongas. A inflorescencia é ramificada, máis pequena que o talo, con numerosas cimas. As flores teñen as brácteas inferiores de cada cima similares ás follas superiores, os pedicelos de 2-4 mm, erectos ou erecto-patentes. O cáliz ten 3,5-9 mm, con lóbulos ovados, densamente villosos na cara externa e ás veces tamén na interna, mentres a corola, de 3-6,5mm de diámetro, infundibuliforme, rosada ou vermella, que vira a púrpura ou un azul escuro durante a antesis, ten un tubo 3,5-6mm, cilíndrico, con 5 escamas obovadas cortamente ciliadas na garganta e os lóbulos de 1,5-2mm, patentes, planos, glabros. O ovario ten o estilo máis curto que o tubo da corola, e os froitos son tetranúculas de 5-10 por 5,5-7,5mm, coa cara dorsal convexa, ou comprimida e plana ou cóncava, usualmente densamente tuberculada, rodeada por unha marxe engrosada dunha cor parda escura.[1]

Citoloxía[editar | editar a fonte]

Número de cromosomas: 2n=24[2]

Hábitat[editar | editar a fonte]

Planta ruderal de lugares abertos, secos, ribazos, cunetas, repisas e pés de roquedo, etc.; desde 10 até 1500m de altitude.[1]

Distribución[editar | editar a fonte]

É nativa do Mediterráneo occidental. En España, distribuída por toda a península cunha certa concentración no Levante alacantino e as Illas Baleares, máis dispersa cara ao noroeste.[1][3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito primeiro por Carl von Linné como Cynoglossum cheirifolium e publicado en Species Plantarum, vol, 1, p. 134, 1753 [1] e posteriormente incluído no xénero Pardoglossum por Maurice Barbier & Mathez en Candollea, 28(2), p. 306, 1973.[4]

Etimoloxía
  • Pardoglossum: nome xenérico que deriva do idioma latín = "leopardo" e glossum = "lingua", referíndose ao parecido das súas follas coa lingua dun leopardo.
  • cheirifolium: epíteto aludindo ás follas parecidas ás do aleli.
Sinonimia
  • Anchusa lanata L.
  • Cynoglossum argenteum Lam.
  • Cynoglossum arundanum Coss.
  • Cynoglossum cheirifolium L. - basiónimo
  • Cynoglossum cheirifolium var. antiatlanticum Molero & J.M.Monts.
  • Cynoglossum cheirifolium var. heterocarpum Kunze
  • Cynoglossum clavatum Viv.
  • Cynoglossum decipiens Lojac.
  • Cynoglossum heterocarpum (Kunze) Willk.
  • Cynoglossum lineatum Risso ex Ces., Pass. & Gibert
  • Pardoglossum cheirifoliumvar. arundanum (Coss.) Mathez
  • Pardoglossum cheirifolium subsp. heterocarpum (Kunze) Mathez
  • Pardoglossum lanatum (L.) Barbier & Mathez

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Cynoglossum cheirifolium en Flora Ibérica, RJB/CSIC, Madrid
  2. Fernandes, A. & Leitao M.T.,Contribution à la connaissance cytotaxinomique des spermatophyta du Portugal, Bol. Soc. Brot., ser. 2, 46, p. 389-404, 1972
  3. Cynoglossum cheirifolium en The Euro+Medit PlantBase
  4. "Pardoglossum cheirifolium". Tropicos.org. Jardín Botánico de Misuri. Consultado o 14 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]