Parada da Serra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parada da Serra
Igrexa parroquial.
Diocese: Ourense
Arciprestado: Verín
Área: - km²
Poboación: 71 hab. (2015)
Densidade: - hab./km²
Entidades de poboación: 3

San Lucas de Parada da Serra é unha parroquia eclesiástica galega do arciprestado de Verín da diocese de Ourense, que ten as súas terras e os seus lugares repartidos entre dous concellos, o da Gudiña e o de Castrelo do Val. No ano 2015 tiña 71 habitantes (41 homes e 30 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha perda do 50% da súa poboación en relación ao ano 2000.

As aldeas de Parada da Serra e A Venda da Capela pertencen ao concello da Gudiña; e a de Veiga de Nostre ao concello de Castrelo do Val.

A parroquia ten paraxes propias do interior de Galicia modificadas polo seu clima mediterráneo de montaña. O seu territorio está atravesado polo río Parada. Hai un muíño de auga fóra de servizo. Como unha gran parte da comarca e das aldeas dos arredores, sofre as consecuencias dunha forte inmigración cara ao estranxeiro e outros lugares de España.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]