PalaLottomatica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°49′31″N 12°28′00″L / 41.825337, 12.46657

PalaLottomatica
Datos
LocalizaciónRoma, Italia
Outros nomesPalaEUR
Construción
Inauguración1960
Renovación2003
ArquitectoPier Luigi Nervi
Estadio
SuperficieParquet
Capacidade11.200 espectadores
LocalíaVirtus Roma (até 2012)
Eventos

O PalaLottomatica, antes coñecido como Palazzo dello Sport ou PalaEUR, é un pavillón polideportivo situado na cidade de Roma, Italia. Con capacidade para 11.200 espectadores, foi inaugurado en 1960 con motivo dos Xogos Olímpicos de Roma. Albergou os encontros como local da Virtus Roma mentres competía na Lega Basket Serie A, máxima competición do baloncesto italiano, e na Euroliga.

Historia[editar | editar a fonte]

O edificio foi encargado ao arquitecto Pier Luigi Nervi, en colaboración con Marcello Piacentini. O proxecto iniciouse en 1956, sendo construído entre 1958 e 1960. O estadio coñeceríase polo nome de PalaEUR, debido á súa localización no barrio romano do mesmo nome. Entre os anos 1999 e 2003, o edificio foi remodelado polo arquitecto Massimiliano Fuksas, pasando a ser o estadio dun equipo de baloncesto romano patrocinado pola empresa de apostas Lottomatica. Por este motivo, o estadio foi rebautizado co nome de Palatottomática.

Ademais da competición olímpica de baloncesto de 1960, neste estadio celebráronse diversos eventos deportivos internacionais, entre os que destacan os torneos entre equipos NBA e FIBA dos anos 1989 e 2006, e o EuroBasket de 1991. Tamén, debido á súa boa acústica e gran capacidade, é sede de numerosos concertos musicais (como os Rolling Stones en 1970, Pink Floyd en 1971, Elton John en 1973 e 2003, Bob Dylan en 1984, Green Day1996, Bruce Springsteen en 2005 ou Guns N' Roses en 2010).

Construción[editar | editar a fonte]

O estadio é unha xigantesca cúpula de 100 m de diámetro,[1] construída cunha fina lámina encartada de formigón armado, apoiada en 48 soportes inclinados. No perímetro da cúpula, e compensando o esforzo dos alicerces de soporte, disponse un cilindro acristalado que alberga as circulacións exteriores. Do mesmo xeito que no Panteón de Agripa, a iluminación realízase por un oco circular central, protexido por unha pequena lanterna.

Características[editar | editar a fonte]

O estadio ten capacidade para 11.200 espectadores,[2] e posúe un comedor para 300 persoas, unha zona de exposicións, e unha terraza panorámica ao EUR de 2.700 m².[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]