Ovidi Montllor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ovidi Montllor.

Ovidi Montllor i Mengual, nado en Alcoi (Alacant) o 4 de febreiro de 1942, finado en Barcelona o 10 de marzo de 1995, foi un cantautor e actor que formou parte do movemento da Nova Cançó catalá.

Biografía[editar | editar a fonte]

Debutou en 1962 co grupo teatral La Cassola, de Alcoi. Aos 24 anos foise a Barcelona, onde actuou con grupos de teatro independentes, como o do CICF, e máis tarde coas compañías de Núria Espert e Adrià Gual. En 1968 iniciou unha carreira destacada como cantante, a miúdo acompañado polo guitarrista e compositor Toti Soler, con música propia sobre textos de Salvador Espriu, Vicent Andrés i Estellés, Pere Quart e del mesmo. Entre as súas pezas musicais máis populares áchanse:

Militou no PSUC e posteriormente no Partido dos Comunistas de Cataluña até a súa morte. Pasou en 1995 en Barcelona a consecuencia dun cancro de esófago.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • La Fera ferotge / Cançó de les balances (EP 1968)
  • Història d'un amic / La fàbrica Paulac (EP 1969)
  • Sol d'estiu / Ell (sinxelo 1971)
  • Un entre tants... (1972)
  • Crònica d'un temps (1973)
  • A Alcoi (1974) (Reeditado polo Picap 2008)
  • Salvat-Papasseit per Ovidi Montllor (1975) (Reeditado polo Picap 2007)
  • Ovidi Montllor a l'Olympia (1975) Directo no Teatro Olympia de París (Reeditado polo Picap 2008)
  • De manars i garrotades (1977) (Reeditado polo Picap 2008)
  • Bon vent... i barca nova! (1979)
  • Ovidi Montllor diu 'Coral romput' (dobre 1979), reeditado en CD en 2007.
  • 4.02.42 (1980)
  • Ovidi Montllor... per sempre (recopilatorio póstumo 1995)
  • Antologia (13cd 2000)

Filmografía[editar | editar a fonte]

Outro eido no que Ovidi destacou foi no cine. Actuou, entre outros, nos seguintes filmes:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]