Salvador Espriu
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Salvador Espriu i Castelló, nado en Santa Coloma de Farners o 10 de xullo de 1913 e finado en Barcelona o 22 de febreiro de 1985, foi un poeta, dramaturgo e novelista catalán.
Traxectoria [editar]
A produción literaria de Espriu é extensa pero hai que destacar os libros de poemas El cementiri de Sinera, El caminant i el mur e La pell de brau, probabelmente a súa obra máis coñecida, en que desenvolve a visión da problemática histórica, moral e social de España. Está considerado unha dos renovadores, xunto con Josep Pla e Josep Maria de Sagarra, da prosa catalá de fórmulas novecentistas.