Río Orinoco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Orinoco")
Río Orinoco
Puente-angostura.jpg
Ponte Angostura sobre o Orinoco, preto de Ciudad Bolivar, Venezuela.
País Colombia e Venezuela
Rexión n/d
Nacemento
Altitude n/d
Lonxitude 2.140 km
Caudal medio 33.000 m³/s
Conca
Desembocadura Océano Atlántico

O río Orinoco é un dos ríos máis longos de Sudamérica. Nace en Parima, Venezuela, cerca da fronteira con Brasil, fai un gran arco primeiro cara ao noroeste, despois cara ao oeste, e logo cara ao norte, ata a fronteira con Colombia, para tomar dirección nordeste cara ao océano Atlántico, percorrendo un total de 2.140 quilómetros.

A desembocadura forma un inmenso delta, ramificado en centos de ríos que abarcan unha extensión de 41.000 km² de selva húmida. A maioría dos ríos de Venezuela son tributarios do Orinoco, o máis grande deles é o río Caroní. O Orinoco é navegable en practicamente toda a súa extensión, permitindo o tráfico de barcos oceánicos ata Ciudad Bolívar, a 435 km da desembocadura.

O río Casiquiare forma unha canle natural entre o Orinoco e o Amazonas. Iníciase como un brazo do Orinoco pero remata desembocando no río Negro que é un afluente do Amazonas.

A rexión de chairas aluviais ó norte do Orinoco, cuxa altitude non supera os 100 m, inúndase na época de choivas, deixando o resto do ano terreos cunha vexetación de pastizais tropicais de sabana.

Mapa da bacia hidrográfica do Orinoco.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Orinoco