Orde dos Carmelitas Descalzos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Orde dos Carmelitas Descalzos
Ordo Fratrum Carmelitarum Discalceatorum Beatae Mariae Virginis de Monte Carmelo
Orde relixiosa da Igrexa Católica
Historia
FundaciónSéculo XVI en España
FundadorTareixa de Ávila e Xoán da Cruz
Separada deOrde de Santa María do Monte Carmelo
Goberno e estrutura
Prepósito XeneralSaverio Cannistrà
Outros datos
LemaZelo zelatus sum pro Domino Deo exercituum
SiglasO.C.D.
Sede centralRoma, Italia
Páxina webcarmelitaniscalzi.com

A Orde dos Carmelitas Descalzos (en latín: Ordo Fratrum Discalceatorum Beatissimae Mariae Virginis de Monte Carmelo) é unha orde mendicante católica, estabelecida en 1593 como unha reforma da Orde Carmelita por dous santos españois, Tareixa de Ávila e Xoán da Cruz. Os membros desta orde engaden as sigas O.C.D ao final do seu nome.

Historia[editar | editar a fonte]

O 24 de agosto de 1562 Tareixa de Ávila fundou o primeiro mosteiro feminino de tipo eremítico en Ávila, dedicado a San Xosé, co obxectivo de iniciar unha reforma dos carmelitas e de volver á regra de 1247.[1]

En 1566 Giovanni Rossi, padre xeneral dos carmelitas que recibira do Papa Pío V o encargo de reformar a orde, autorizou a Tareixa de Ávila fundar dous conventos masculinos, co nome de "reformados" ou "descalzos". Tareixa confiou ao frade Xoán da Cruz o encargo de fundar o primeiro dos conventos en Duruelo.

Catro anos máis tarde o gran número de vocacións levaron á fundación dun colexio en Alcalá de Henares para o estudo da reforma (dirixido por Xoán da Cruz) e doutros dous conventos.

En 1587 o papa Sisto V erixiu á sección reformada como congregación autónoma dentro da Orde Carmelita, dirixida por un vigairo xeral. En 1593 Clemente VIII deu total autonomía á nova orde, separándoa permanentemente da Orde Carmelita.

A rama masculina da orde contaba, en 2021, con 3 978 frades, dos que 2 897 tamén eran sacerdotes, o que significa un incremento con respecto os datos de 1950, cando sumaban un total de 3 128 membros.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Uribe, Pablo, ed. (2016). Santa Teresa de Ávila: quinientos años: Estudios interdisciplinarios. Ediciones UCSC. p. 80. ISBN 9789567943685. 
  2. "Order of Discalced Carmelites (Institute of Consecrated Life - Men) [Catholic-Hierarchy]". www.catholic-hierarchy.org. Consultado o 2022-09-26. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]