Pío V, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papa do século XV ó século XVI
Papas do século XVI
Papa do século XVI ó século XVII
Antipapa/s
  • Ningún

Antonio Michele Ghislieri, nado en Bosco Marengo (Alessandria) o 17 de xaneiro de 1504 e finado en Roma o 1 de maio de 1572, foi o 225° Papa da Igrexa Católica desde 1566 até a súa morte, co nome de Pio V. Foi canonizado por Clemente XI no 24 de maio de 1712.

Traxecotria[editar | editar a fonte]

Naceu en Bosco (hoxe Bosco Marengo), naquela altura dentro do ducado de Milán, na nobre mais decadente familia Ghislieri. Con catorce anos de idade ingresou na Orde dominica, pasando do convento de Voghera ao de Vigevano e, logo, ao de Boloña. Durante os anos de preparación sacerdotal, adquiriu unha sólida formación teolóxica, facilitada por unha intelixencia vívida, manifestou tamén a austeridade de vida que tanto lle sería estimada en anos sucesivos. Ordenado sacerdote en Xénova no 1528, estabeleceuse en Pavía. Moi logo dou probas das opinións que acharían realización práctica durante o seu futuro pontificado, sostendo en Parma trinta proposicións en apoio da cadeira pontificia contra as herexías. Como reitor de varios conventos dominicos. Ghislieri caracterizouse por unha ríxida disciplina. Pouco tempo despois, e polo seu expreso desexo, recibiu o nomeamento de inquisidor da cidade de Como. Volto a Roma en 1550, onde proseguiu a actividade de inquisidor, foi elixido comisario xeral da Inquisición romana. Sob o papa Paulo IV, Papa foi feito bispo da Sutri e Nepi (1556), cardeal con o título de Alexandrino (1556), grande inquisidor (1558). Xa no papado de Pío IV accedeu á cadeira episcopal da Mondovì (1560).

Pontificado[editar | editar a fonte]

Pío V

Á morte de Pío IV, o 7 de xaneiro de 1566, foi, inesperadamente, elixido papa, mercé un acordo entre os cardeais Borromeo e Farnese. Foi consagrado na data do seu aniversario, dez días logo. A súa elección fixo tremer a curia romana, pois fronte a suntosa corte papal, Pío V era de carácter rexo e transformou a gozosa Roma nunha especie de convento de clausura.

Coidaba que a fornicación era o peor dos pecados, de xeito que os fornicadores eran castigados con latigazos públicos. Estaba decidido a restaurar a disciplina e a moralidade en Roma. Prohibiu aos civís que tivesen serventas e ás monxas di posuír cans machos, para evitar nos conventos o uso de sexo con animais. Reduciu o custo da corte papal, impuxo a obriga de residencia dos bispos e asentou a importancia do cerimonial. Prohibiu a celebración do entroido. Procurou, entanto, a publicación do catecismo romano, do breviario romano reformado e máis do misal romano. Reforzou os instrumentos da Contrarreforma católica para combater a herexía e o protestantismo e deu novo impulso á actuación persecutoria da Inquisición Romana (condenas a morte por herexía de Pietro Carnesecchi e Aonio Paleario).

Foi un ríxido opositor do nepotismo. Á numerosa parentela súa que acudiu a Roma, con a esperanza de obter algún privilexio, Pio V díxolle que un parente do papa pode considerarse rico de abondo se non coñece a indixencia. Como os cardeais coidaban oportuna a presenza dun nipote do papa no Colexio dos Príncipe da Igrexa, Pío V deixouse inducir para outorgarlle a púrpura a Michele Bonelli, nipote dunha súa irmá, e dominico como el mesmo, para que o axudase a levar os asuntos pontificios.

No 1566 promoveu a construción do convento dominico de "S. Croce e Ognissanti" en Bosco Marengo, coa intención de que se constituíse no centro dunha cidade de nova fundación, e tamén no seu sepulcro.

En 1567 fundou en Pavía unha prestixiosa institución para estudantes meritorios, o colexio Ghislieri, que aínda hoxe, por medio de concurso público, acolle algúns dos mellores estudantes da Universidade de Pavía.

Entre as súas bulas papais, In Coena Domini (1568) ocupa un lugar de honra; entre as restantes, as que máis contribúen a definir a actuación do seu son: o decreto da questua (febreiro de 1567 e xaneiro de 1570); a condena de Michel de Bay, profesor, tido como herético, de Lovaina (1567); a denuncia do dirum nefas (agosto 1568). Perseguiu os hebreos, debéndoselle a súa expulsión dos dominios eclesiásticos salvo de Roma e de Ancona (1569). Confirmou os privilexios da Sociedade dos Cruzados pola protección da Inquisición (outubro de 1570); o decreto de discusión sobre o milagre da Inmaculada Concepción (novembro de 1570); a supresión dos Frades Humillados acusados de depravación (febreiro de 1571); a aprobación do novo oficio litúrxico da Virxe María (marzo de 1571).

A súa dura política inquisitorial valeulle protestas expostas en pasquíns, por algunha das cales foi condenado Niccolò Franco; mentres o poeta Aonio Paleario foi condenado por escribir os seguintes versos contra o papa:

« Quasi che fosse inverno,
brucia cristiani Pio siccome legna
per avvezzarsi al fuoco dell'inferno»

(Tal que fose inverno / queima cristiáns Pío cal leña / para se avezar ao lume do inferno)

Política internacional[editar | editar a fonte]

Na política exterior Pio V adoitou unha liña de defensa dos dereitos xurisdicionais dea Igrexa, entrando en conflito con Filipe II de España. Durante as guerras relixiosas en Francia, apoiou os católicos contra os hugonotes. Preferiu a Maria Estuardo fronte a Isabel I, á cal excomungou en 1570.

Preocupado polo avance turco, promoveu unha liga de príncipes cristiáns contra os otománs: xunto con Venecia e o Imperio español instituíu a Liga Santa. As forzas navais da Liga, derrotaron a frota otomá nas augas do golfo de Lepanto, o 7 de outubro de 1571, que non levou á liberación do Santo Sepulcro, tal e como o papa esperaba.

Morte e canonización[editar | editar a fonte]

Pío V, aqueixado de hipertrofia prostática, da que, por pudicia, non quixo ser operado, faleceu na tarde do 1 de maio de 1572, con 68 anos de idade. Foi canonizado polo papa Clemente XI (1700–21) o 24 de maio de 1712.

É o santo padroeiro da illa de Malta.