Olga de Kiev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Olga
Santa Olga
Princesa de Kiev
Reinado 945 - 969
Nacemento ca. 890
perto de Pskov
Falecemento 11 de xullo de 969
Kiev
Predecesor Ígor
Sucesor Sviatoslav I
Dinastía Ruríkdas

Olga (en ruso e ucraíno: Ольга, en nórdico antigo: Helga), tamén coñecida comno Santa Olga, nada contra 890 preto de Pskov e finada en Kiev o 11 de xullo de 969, foi unha muller de de orixe varega (vikinga) que casou co futuro Ígor de Kiev, posibelmente en 903.

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Olga naceu contra 890, filla de Gostomisle.[1] Segundo a Crónica de Néstor, na pasaxe "A vida da Santa Princesa Olga", explica que ela macera na vila de Vybuty (en ruso: Выбуты), na óblast de Pskov, 12 km ao sur da cidade de Pskov, no río Vilikoye, nunha familia de varegos. Segundo algunhas versións, era filla de Oleg de Nóvgorod.[2]

Outra hipótese suxire que Olga nacera en Pliska, Bulgaria, e que o seu pai era o knez (príncipe) Vladímir de Bulgaria. E que por iso lle puxo ao seu primeiro neto Vladímir I o Grande o nome do seu avó.[Cómpre referencia]

Reinado (rexencia)[editar | editar a fonte]

A princesa Olga diante do cadáver so seu marido Ígor.
Olga vingándose do asasinato do seu marido polos drevlianos. Gravado da Crónica de Radziwill, século XV.
Cuarta vinganza de Olga: queima de Iskorosten, a capital dos drevlianos. Gravado da Crónica de Radziwill, século XV.

A princesa Olga era a esposa de Ígor de Kiev, que foi asasinado polos drevlianos. Cando a morte do seu marido, o seu fillo, Svyatoslav, tiña tres anos, polo que Olga se converteu na rexente da Rus de Kiev até que o seu fillo chegou á idade adulta.

Tras a morte de Ígor, gobernou a Rus de Kiev como rexente (945-969)[3] do seu fillo, Sviatoslav I de Kiev.

Pero os drevlianos querían que casara co seu príncipe Mal, para facelo gobernante da Rus, pero Olga estaba decidida a permanecer no poder e conservalo para o seu fillo.

Os drevlianos enviaron a vinte dos seus mellores homes para persuadir a Olga para que casara co seu príncipe e renunciara á súa rexencia da Rus. Pero ela enterrounos vivos. Despois envioulle unha mensaxe ao príncipe Mal dicíndolle que aceptara a proposta, pero que requiría a presenza dos seus homes máis destacados para acompañala na viaxe á súa capital para aceptar a oferta de matrimonio. Os drevlianos enviaron aos mellores homes que gobernaban as súas terras. Á súa chegada, Olga ofreceulles unha cálida benvida e unha invitación para que se lavaran despois da súa longa viaxe nunha sauna. Cando entraron, pechou as porta e prendeu lume ao edificio, queimándoos vivos.

Libre dos mellores e máis sabios homes, planeou destruír aos drevlianos restantes. Invitounos a un banquete funeral para que ela puidera chorar sobre a tumba do seu marido. Despois de que os drevlianos estaban ebrios, soldados de Olga mataron a máis de 5.000 deles. Regresou a Kiev e preparou un exército para atacar aos sobrevivintes. Os drevlianos suplicaron clemencia e ofrecéronlle pagar pola súa liberdade con mel e peles. Ela pedíu só tres pombas e tres pardais de cada casa, porque non quería cargar aos aldeános máis tras o asedio.

En 947, a princesa Olga enviou unha expedición punitiva contra as minorías tribais que vivían entre o Luga e o río Msta.[4] A raíz desta exitosa campaña, por orde de Olga erixíronse numerosas fortalezas se erigieron en las órdenes de Olga. Unha delas era a de Gorodec, na rexión de Luga,[5] unha fortificación datada a mediados do século X. Debido súa situación illada, Gorodec non parece de ningunha maneira asociada co patrón de asentamientos preexistentes. Por outra parte, o forte é un exemplo de marcos de madeira cadrados deseñados para consolidar a muralla que se vira xa no feudo de Rúrik. A mesma técnica de edificación estaba en uso un século máis tarde nas fortificacións de Nóvgorod.

Olga seguía sendo a rexente gobernante da Rus de Kiev co apoio do exército e do pobo. Cambiou o sistema de tributos (poliudie) na primeira reforma legal rexistrada en Europa Oriental. Continuou evadindo as propostas de matrimonio, defendendo a cidad durante o asedio de Kiev de 968, salvando o trono para o seu fillo.

Relacións co emperador do Sacro Imperio[editar | editar a fonte]

Sete fontes latinas documentan a embaixada que enviou Olga a Otón I do Sacro Imperio Romano Xermánico en 959. Regino de Prüm menciona que os enviados pediran ao emperador que nomeara a un bispo e a varios sacerdotes e que osmandara para a súa nación. O cronista acusa aos enviados de mentiras, comentando que a o seu embuste non se soubera atá máis tarde. Thietmar de Merseburg di que o primeiro arcebispo de Magdeburgo, Santo Adalberto de Magdeburgo, antes de ser promovido a este alto cargo, foi enviado polo emperador Otón ao país da Rus' (Rusciae) como un simple bispo, pero que foi expulsado por aliados pagáns de Sviatoslav I. Os mismos datos corrobóranse duplican nos anais de Quedlinburg e Hildesheim, entre outros.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Durante as prolongadas campañas militares do seu fillo, permaneceu a cargo de Kiev, onde residía no castelo de Vyshgorod, xunto aos seus netos. Morreu puoco despois do asedio da cidad de Kiev polos pechenegos (968), en 969.[6] [7]

Olga de Kiev falando con Constantino VII.

Conversión ao cristianismo[editar | editar a fonte]

Olga foi a primeira soberana dos eslavos orientais en converterse ao cristianismo (en 945 ou 957). As cerimonias para a súa recepción formal en Constantinopla aparecen minuciosamente descritas polo emperador Constantino VII na súa obra De Ceremoniis. Tras o seu bautismo, tomou o nome cristián de Helena, na honra da emperatriz reinante Helena Lecapena.

As crónicas edslavónicas adoitan engadir detalles apoócrifos sobre o seu bautismo, como a historia de que ela "encantara" e "burlara" a Constantino, e de coo rexeitara a súa proposta de matrimonio. Daquela, Olga era unha anciá, e Constantino tiña xa esposa (a citada Helena).

Canonización[editar | editar a fonte]

Olga foi unha das primeiras persoas da Rus' en ser proclamada Santa, grazas aos seus esforzos pola propagación do cristianismo no seu país. É venerada na Igrexa ortodoxa e máis na Igrexa católica. Debido á súa influencia proselitista, a Igrexa ortodoxa chama a Santa Olga co título honorífico de Isapóstolos, "Igual que os apóstolos". Porén, non logrou converter ao seu fillo Sviatoslav, polo que a tarefa de facer do cristianismo a relixión do Estado cumpriríaa o seu neto e pupilo San Vladimiro I de Kiev.


Predecesor:
Ígor
Princesa da Rus de Kiev
como rexente

Rus de Kiev
945969

Sucesor:
Sviatoslav I

Notas[editar | editar a fonte]

  1. von Strahlenberg, Philipp Johann (1738). An Historico-geographical Description of the North and Eastern Parts of Europe and Asia: But More Particularly of Russia, Siberia, and Great Tartary; Both in Their Ancient and Modern State: Together with an Entire New Polyglot-table of the Dialects of 32 Tartarian Nations, and a Vocabulary of.... W. Innys and R. Manby, at the West-End of St. Paul's. p. 109.
  2. Prominent Russians: Princess Olga of Kiev en Russiapedia. (en inglés)
  3. John von Müller. Universal History. Vol. II. Boston, American Stationers company, 1837, p. 213.
  4. Lavrent’ievskaia letopis’ (1997:60)
  5. Lebedev 1982:225-238; Zalevskaia 1982:49-54
  6. extractos da crónica primaria na tradución inglesa, Universidade de Oregón.
  7. Tradución de extractos sobre a Rus' medieval, Universidade de Washington.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Olga de Kiev

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Baumgarten, Nicolas de (1939): Aux origines de la Russie. Roma: Edizioni Orientalia Christiana. ISBN 9788872100189.
  • Chiti, Francesco (2001): Santi dell'antica Russia. Milano: Gribaudi. ISBN 88-7152-647-3.
  • Senyk, Sophia (1993): A history of the church in Ukraine. (Orientalia Christiana analecta, nº 243). Roma: Pontificio Istituto orientale. ISBN 9788872102916.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]