Okondo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Okondo
Situación xeográfica
Alava municipalities Okondo.JPG
País España España
Comunidade autónoma Euskadi
Provincia Áraba
Comarca Cuadrilla de Aiara
Xeografía
Altitude msnm
Superficie 19,90 km²
Poboación
Poboación 1064 habitantes (INE 2007)
Densidade 33,58
Xentilicio okondarra
Información
Código postal 01409
Alcalde
Páxina web Andrés Alcalde Olano (Eusko Alkartasuna)

Okondo é un concello da provincia de Áraba, Euskadi.

Eleccións municipais 2007[editar | editar a fonte]

Catro partidos presentaron lista ao municipio; EA, EAJ-PNV, PSE-EE e PP, obténdose os seguintes resultados:

  • Eusko Alkartasuna : 365 votos (5 concelleiros)
  • Eusko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco : 274 (4 concelleiros)
  • Partido Popular : 15 votos (ningún concelleiro)
  • Partido Socialista de Euskadi - Euskadiko Ezkerra : 7 votos (ningunha representación)

Topónimo[editar | editar a fonte]

Dende a súa primeira mención escrita en 1257, este val recibiu en castelán o nome de Oquendo. Este foi o nome oficial do concello até hai pouco, xa que o castelán era a lingua da administración, aínda que a lingua falada pola xente fose o éuscaro. Segundo o INE en 1842 chamábase Uquendo e en 1857, Valle de Oquendo.

Existen menos referencias escritas sobre o seu nome en éuscaro. Estas baséanse principalmente nos escritos deixados por José Pablo de Ulibarri, que era natural da zona; en vasco, de comezos do século XIX. Ulibarri deixoi transcrito o nome en euskera do val baixo as formas Okondo e Ukondo. Ao longo do século XIX o éuscaro deixouse de falar en Okondo e estas formas deixaron de empregarse. Mais, en 1980, o concello decidiu recuperar a forma Okondo como nome oficial do municipio e dende que foi publicado no BOE en 1989 é o único nome do concello a tódolos efectos.

Sobre o significado etimolóxico de Okondo podería pensarse na palabra ukondo que significa cóbado en vasco, co significado de cóbado dun río, aínda que os filólogos pensan máis ben que o nome estaría derivado de oka+ondo, orixe que explicaría mellor tanto a variante castelán como unha das vascas do nome. A verba -ondo está moi estendida pola toponimia vasca e significa xunto a. Mais o significado de oka é incerto. Hai moitos lugares que teñan ese topónimo ou formen parte del. Segundo Federico Barrenengoa, especialista en toponomástica, oka significaría río. Para Alfonso Irigoyen, sería unha palabra de orixe céltica que antigamente tomou prestado o éuscaro.

Demografía[editar | editar a fonte]

cellspacing="2" cellpadding="2"

Evolución da poboación de: Okondo desde 1991 ata 2004
1991 1996 2001 2004
705 770 876 1004