Cuadrilla de Aiara
A Cuadrilla de Aiara (en éuscaro: Aiaraldea), oficialmente Cuadrilla de Ayala/Aiara, é unha das sete comarcas ou cuadrillas do territorio histórico de Álava, no País Vasco.
A comarca sitúase ao noroeste de Álava, limitando con Biscaia e coa provincia de Burgos cunha superficie de 328,12 km² e unha poboación de 34.231 habitantes (2010). A maior parte da comarca sitúase na conca alta do río Nervión. A pesar de pertencer a Álava, a comarca atópase dentro da área de influencia de Bilbao.
Inclúe os municipios de Amurrio, Artziniega, Ayala, Llodio e Okondo. Aglutina un total de 45 localidades, sendo as principais poboacións Llodio e Amurrio, que son respectivamente a segunda e terceira poboacións máis habitadas de Álava.
[editar] Concellos
| Concello | Extensión (km²) |
Poboación (2010) (hab.) |
Densidade (hab./km²) |
|---|---|---|---|
| Amurrio | 96,36 | 10.050 | 104,3 |
| Artziniega | 227,45 | 1.818 | 7,99 |
| Ayala / Aiara | 140,90 | 2.827 | 20,06 |
| Laudio / Llodio | 37,56 | 18.420 | 490,42 |
| Okondo | 29,90 | 1.116 | 37,32 |
| 328,12 | 34.231 | 104,32 |
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
|
|||||||