Odeón de Herodes Ático

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 37°58′15″N 23°43′28″L / 37.970843, 23.724524

Vista do Odeón desde a Acrópole de Atenas.
Bancadas do Odeón trala súa reconstrución.

O Odeón de Herodes Ático é un edificio para audicións musicais construído na Acrópole de Atenas no ano 161 grazas á gran fortuna do cónsul romano Herodes Ático, que o fixo construír en memoria da súa muller, Aspasia Annia Regilla, morta o ano anterior.

Historia[editar | editar a fonte]

Situouse xunto ao Teatro de Dioniso, na parte sur da Acrópole. Consta de planta como a dun teatro romano, pero coa diferenza que a odeón estaba cuberto. Era mais ben pequeno, tiña unha capacidade nas súas bancadas para cinco mil espectadores e a poboación da cidade ascendía a uns 290.000 habitantes.

O escenario era de mármore branco e cipolin (un tipo de mármore) e tiña unha lonxitude de 35 metros.

O Odeón de Herodes Ático foi restaurado no século XX, e pódense presenciar alí diferentes espectáculos: traxedias, óperas e espectáculos de baile. O Festival de Atenas celébrase alí cada ano de maio a setembro. Este festival fixo que acadase unha reputación a nivel internacional.

Entre os eventos máis destacados celebrados alí salientan o Live at the Acropolis de Yanni en 1993 e a actuación de Nana Mouskouri en 1984 tras 20 anos de ausencia do seu país.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]