Santuario de Artemisa Brauronia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe xerada per ordenador do santuario de Artemisa Brauronia.

O Santuario de Artemisa Brauronia está situado na Acrópole de Atenas, entre os Propileos e a Calcoteca. Construído sobre o -430, crese que tomou parte no seu proxecto de edificación o arquitecto Mnesicles cando estaba realizando os Propileos. O edificio do santuario tiña unha forma trapezoidal con dúas ás laterais e dous pórticos ou stoá duns 38 metros de lonxitude por 7 metros de largo.

Estaba dedicado a Artemisa, divindade representada como un oso e protectora das mulleres embarazadas e do parto; no santuario atopábase unha figura arcaica de xóanon da deusa e outra realizada, segundo Pausanias, por Praxíteles no século -IV Durante as festas brauronias celebradas en honor seu, as nenas que estaban consagradas á deusa recibían o nome de osas.