O can dos Baskerville
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
|
||||||||||||||||||||||||||||
|
O can dos Baskerville (The Hound of the Baskervilles) é unha novela policíaca británica de Arthur Conan Doyle, publicada por vez primeira no Strand Magazine en 1901 e 1902. O protagonista principal é o detective Sherlock Holmes, a quen acompaña, coma sempre, o doutor Watson, quen por outra banda é a voz narrativa que emprega o escritor escocés Doyle para elaborar a historia. Cómpre destacar que a novela, agás un par de escenarios londinienses, está principalmente ambientada en Dartmoor, no condado de Devon (Inglaterra).