Nicko McBrain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nicko McBrain
Nicko McBrain 30nov2006.jpg
Nome completo Michael Henry McBrain
Naceu 5 de xuño de 1952 (62 anos)
Orixe Hackney, Londres Inglaterra
Instrumento(s) batería
Relacionado con Iron Maiden

Michael Henry McBrain (nado o 5 de xuño de 1952) é o batería do grupo de heavy metal Iron Maiden.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu en Hackney, ao leste de Londres, o 5 de xuño de 1952. A súa primeira banda foi 'The 18th Fairfield walk. Máis tarde uniuse á Weel street Blues Band. Posteriormente tocou con distintos músicos e en 1975 uniuse a 'Streetwalkers'. Pero foi con Iron Maiden, con quen alcanzó o seu gran éxito. Entrou en 1983 sustituindo a Clive Burr, o seu antecesor. O primeiro álbum que gravou coa 'Dama de ferro' foi 'Piece of Mind'.