Nawal el Saadawi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nawal el Saadawi
Nacemento27 de outubro de 1931
Lugar de nacementoKafr Tahla
Falecemento21 de marzo de 2021
Lugar de falecementoO Cairo
NacionalidadeReino de Exipto, República do Egito, República Árabe Unida e Exipto
RelixiónIslam
Alma máterUniversidade de Columbia e Universidade do Cairo
Ocupaciónpsiquiatra, médica escritora, xinecóloga, novelista, política, escritora e activista
CónxuxeSherif Hatata
Coñecida porWoman at Point Zero e The Fall of the Imam
PremiosSeán MacBride Peace Prize, Stig Dagerman Prize, Premio Norte-Sur, 100 Mulleres da BBC, Prêmio Internacional Catalunha, honorary doctor of the University of St Andrews, doutor honoris causa pola Universidade Libre de Bruxelas, honorary doctor of the University of Tromsø, honorary doctor of the University of Chicago, doutora honoris causa da Universidade de York e 100 Mulleres da BBC
Na rede
Twitter: NawalElSaadawi1 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Nawal El Saadawi (árabe: نوال السعداوى), nada en Kafr Tahla o 27 de outubro de 1931 e finada no Cairo o 21 de marzo de 2021,[1] foi unha médica, feminista, escritora e activista política exipcia. Escribiu moitos libros sobre o papel da muller no islam, especialmente sobre a práctica da mutilación xenital feminina na súa sociedade.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia e mocidade[editar | editar a fonte]

Saadawi naceu nunha pequena vila nas ribeiras do Nilo, chamada Kafr Tahla preto do Cairo[2] nunha familia grande de oito irmáns. Seu pai era funcionario do Ministerio de Ensino que loitara contra os británicos na revolución de 1919. Era moderadamente progresista e aprendeulle a ter respecto dela mesma e a falar con franqueza e procurou que tódolos seus fillos, incluídas as mulleres, estudasen.[2] Porén, cando El Saadawi tiña 10 anos e a súa familia intentou que casara, foi a súa nai que a apoiou na súa negativa.[3]

Vida adulta e carreira profesional[editar | editar a fonte]

Estudou medicina na Universidade do Cairo, graduándose en 1955.

Mentres traballaba como doutora na súa vila natal de Kafr Tahla, percibiu as privacións e desigualdades afrontadas polas mulleres rurais. Após tentar protexer unha das súas pacientes da violencia doméstica, Saadawi foi chamada de volta para o Cairo. Chegou ser a Directora de Saúde Pública e coñeceu o seu terceiro marido, Sherif Hetata, partillando un escritorio no Ministerio da Saúde. Hetata fora un prisioneiro político durante 13 anos.

Saadawi foi expulsa do seu traballo no Ministerio polas súas actividades políticas. Presións semellantes custáronlle outra expulsión como editora xefe dun xornal académico de saúde e como Secretaria Xeral Asistente na Asociación Médica de Exipto. De 1973 até 1976 traballou en investigación sobre mulleres e neurose na Facultade de Medicina de Universidade Ain Shams. De 1979 até 1980 foi a conselleira das Nacións Unidas para o Programa das Mulleres de África (ECA) e Próximo Oriente (ECWA).

Vista de sempre como controvertida e perigosa polo goberno exipcio, Saadawi foi á cadea en setembro de 1981, xunto con outros moitos obxectores do Tratado de Paz de Xerusalén, polo Presidente Anwar el-Sadat. Foi liberada despois ese mesmo ano, un mes tras o asasinato de Sadat. Desta súa experiencia escribiu: "o perigo fixo parte da miña vida desde sempre que eu collín un lapis e escribín. Nada é máis perigoso que a verdade nun mundo que mente".

En 1991, cando a súa vida estaba ameazada polos islamistas, Saadawi mudouse desde Exipto até Carolina do Norte e ensinou na Universidade de Duke e na Washington State University. En 1996 tornou para Exipto. Continuou o seu activismo e considerou presentarse ás eleccións presidenciais exipcias de 2005, antes de deixalo por non cumprir os requisitos para os candidatos que se presentaren por primeira vez.

O Consello de Europa deulle o premio Norte-Sur en 2004.

Avogando contra a mutilación xenital feminina[editar | editar a fonte]

Cando tiña 6 anos, Saadawi foi sometida a un proceso de mutilación xenital feminina.[4][5] Xa adulta, escribiu contra esta práctica e criticouna. Respondeu á morte dunha meniña de 12 anos, Bedour Shaker, durante unha operación de circuncisión xenital escribindo: "Bedour, tiveches de morrer para que algunha luz brille en mentes escuras? Tiveches que pagar coa túa prezada vida un prezo [...] para que doutores e clérigos aprendan que a relixión correcta non amputa órganos de nenos?".[6]

Escritora[editar | editar a fonte]

Comezou a escribir moi cedo na súa carreira. Os seus escritos máis temperás inclúen unha escolma de contos breves titulados "Aprendín o Amor" (1957) e a novela "Memorias dunha Doutora" (1958). Escribiu numerosas novelas e contos. Saadawi foi publicada en moitas antoloxías e traducida a máis de 20 linguas.

En 1972 publicou o seu primeiro traballo de non-ficción, "Muller e Sexo", que evoca o antagonismo de autoridades de alto rango político e teolóxico e levouna a deixar o Ministerio de Saúde. Outras obras son "A Face Oculta de Eva", "Deus Morre polo Nilo", "A Canción que Envolve", "A Procura", "A Queda do Imán" e "A Muller no Punto Cero".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Roshdy, Shady (2021-03-21). "Muere Nawal al Saadawi, la pensadora feminista egipcia más destacada del siglo XX". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2021-03-22. 
  2. 2,0 2,1 McBride, Jennifer. "Nawal Saadawi". webster.edu (en inglés). Consultado o 22 de marzo de 2021. 
  3. Taylor-Coleman, Jasmine (21 de marzo de 2021). "Nawal El Saadawi: Feminist firebrand who dared to write dangerously". bbc.com (en inglés). Consultado o 22 de marzo de 2021. 
  4. Khaleeli, Homa (15 de abril de 2010). "Nawal El Saadawi: Egypt's radical feminist". theguardian.com (en inglés). Consultado o 22 de marzo de 2021. 
  5. Nawal el-Saadawi, The Hidden Face of Eve, Part 1: The Mutilated Half.
  6. "Egypt Officials Ban Female Circumcision". Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2007. Consultado o 21 de xuño de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Saadawi ten escrito prolificamente, estando moitas das súas obras online. As súas obras inclúen:

  • Memorias dunha Doutora (1960, 1980)
  • A Procura (1968)
  • Deus Morre polo Nilo
  • A Morte do Único Home no Mundo (1974)
  • A Face Oculta de Eva: A Muller no Mundo Islámico (1977)
  • A Canción que Envolve (1978)
  • A Morte dun ex-Ministro (1980)
  • Ela Non Ten Lugar no Paraíso (1979)
  • A Muller no Punto Cero (1979)
  • Dúas Mulleres Nunha (1983)
  • A Queda do Imán (1987)
  • Memorias desde o Cárcere de Mulleres (1984)
  • Norte/Sul (1997)
  • Unha Filla de Isis