Nathalie Sarraute

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nathalie Sarraute (en medio)

Nathalie Sarraute, nada en 1900 e finada en 1999, foi unha escritora en lingua francesa de orixe rusa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu como Natacha Tcherniak en Ivanovo, unha localidade próxima a Moscova. A súa infancia pasouna entre Francia e Rusia ata que en 1909 marchou co seu pai para vivir definitivamente en París, estudou dereito na Sorbona, historia en Oxford e socioloxía en Berlín. En 1932 escribiu o seu primeiro libro, Tropismes que publicou en 1939. En 1941 por causa das leis nazis ten que deixar a súa profesión de avogada. En 1956 publicou L'Ère du Soupçon un ensaio que serviu como primeiro manifesto da Nouveau roman.