Nábidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Nabidae»)
Nabis biformis
Prostemma albimacula
Himacerus apterus

Os nabidos (Nabidae) son unha familia de insectos hemípteros. Comprende unhas 500 especies en 20 xéneros.[1] Teñen corpos brandos, alongados, e son predadores terrestres. Moitos deles capturan e reteñen presas coas súas patas anteriores, similares ás dos mántidos. Considéranse especies útiles para a agricultura debido a que depredan moitos tipos de pragas dos cultivos.[2]

Os nábidos do xénero Nabis son os máis comúns. Eles e outros xéneros son máis numerosos en campos de legumes como os de alfalfa, pero poden encontrarse en moitos outros cultivos e en áreas non cultivadas. En cor son de amarelos a pardos e teñen ollos grandes bulbosos e patas tipo zanco. Son predadores xeneralistas, capturando case calquera insecto que sexa máis pequeno ca eles e canibalízanse entre eles cando non dispoñen doutra comida. Varias especies poden morder aos humanos.[3] Os membros da subfamilia Prostemmatinae reprodúcense por inseminación traumática.[4]

Xéneros[editar | editar a fonte]

Estes 23 xéneros pertencen á familia Nabidae:

Fontes dos datos: i = ITIS,[5] c = Catalogue of Life,[6] g = GBIF,[7] b = Bugguide.net[8]

Historia evolutiva[editar | editar a fonte]

Varios xéneros de fósiles foron atribuídos á familia, incluíndo Karanabis do Xurásico superior da formación Karabastau de Casaquistán, pero foi despois asignado a outras familias. O rexistro definitivo máis temperán da familia é Cretanazgul do Cenomaniano atopado en ámbar birmano, que pertence á subfamilia Prostemmatinae.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Faúndez, E. I. & M. A. Carvajal. 2014. Contribution to the knowledgment of the Nabis punctipennis Blanchard, 1852 complex (Hemiptera: Heteroptera: Nabidae) in Chile. Anales del Instituto de la Patagonia, 42(1): 63-69
  2. Braman, S. K. 2000. Damsel bugs (Nabidae). Pp. 639–656. In: Schaefer C. W. & Panizzi A. R. (eds.): Heteroptera of Economic Importance. CRC Press, Boca Raton.
  3. Faúndez, E. I. & M. A. Carvajal. 2011. A human case of bitting by Nabis punctipennis (Hemíptera: Heteroptera: Nabidae) in Chile. Acta Entomologica Musei Nationalis Pragae, 51(2): 407-409.
  4. 4,0 4,1 Garrouste, Romain; Schubnel, Thomas; Huang, Diying; Azar, Dany; Cai, Chenyang; Nel, André (abril de 2020). "Sexual conflict during Mesozoic: The first Cretaceous damsel bug in Burmese amber (Hemiptera: Heteroptera: Nabidae)". Cretaceous Research (en inglés) 108: 104344. doi:10.1016/j.cretres.2019.104344. 
  5. "Nabidae Report". Integrated Taxonomic Information System. Consultado o 2018-04-30. 
  6. "Browse Nabidae". Catalogue of Life. Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2018. Consultado o 2018-04-30. 
  7. "Nabidae". GBIF. Consultado o 2018-04-30. 
  8. "Nabidae Family Information". BugGuide.net. Consultado o 2018-04-30. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]