Núcleo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que compartirían o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Permite distinguir dous ou máis significados da mesma palabra ou expresión. |
Núcleo adoita facer referencia á parte máis interna de algo.
- En física, o núcleo atómico dun átomo é a zona central onde se xuntan os protóns e neutróns, acumulando case toda a masa atómica deste;
- En bioloxía, o núcleo celular é onde se atopa todo o material xenético dunha célula eucariótica e onde se regulan todas as reaccións químicas que se producen nela;
- En xeoloxía, o núcleo terrestre é a capa máis profunda da Terra;
- En informática, o kernel é o compoñente central dos sistemas operativos modernos.
- En arqueoloxía, o núcleo lítico é un fragmento da base dunha rocha co que se elaboraba a meirande parte das ferramentas feitas de pedra.