Elemento neutro
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nas matemáticas, e particularmente na álxebra, o elemento neutro ou elemento identidade dun conxunto A, dotado dunha operación binaria interna *
é un elemento e do conxunto, tal que para calquera outro elemento a do conxunto cúmprese que:
É dicir, un elemento neutro ten un efecto inútil ao ser utilizado na operación *, no sentido de que o resultado non é distinto do outro operando.
Un elemento e que cumpra só e * a = a denomínase elemento neutro pola esquerda. Analogamente, un elemento que cumpra só a * e = a chámaselle elemento neutro pola dereita.
Exemplos [editar]
| Conxunto | Operación | Elemento neutro |
|---|---|---|
| números reais | suma e resta | 0 |
| números reais | multiplicación e división | 1 |
| funcións dun conxunto a si mesmo | composición de funcións | función identidade |
| matrices mxn | suma de matrices | matriz de ceros |
| matrices nxn | produto de matrices | matriz identidade |
| vectores | suma de vectores | vector nulo |
| cadeas de caracteres | concatenación de cadeas | cadea baleira |

