Mykhail Mykytsei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMykhail Mykytsei
Nome orixinal(uk) Михайло Микицей Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de outubro de 1934 Editar o valor em Wikidata
Horokholyna, Ucraína (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte20 de maio de 2017 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Eparch of Santa María del Patrocinio en Buenos Aires (en) Traducir
24 de abril de 1999 – 10 de abril de 2010
← Andrii SapeliakDaniel Kozelinski Netto →
Administrador apostólico
20 de xaneiro de 1998 –
Bispo auxiliar
23 de xuño de 1990 –
Bispo titular
23 de xuño de 1990 –
Diocese: Nazianzus (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSegunda República Polaca
Arxentina Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica bizantina ucraína Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Pontificia Lateranense Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1990–), padre católico oriental (pt) Traducir (1963–), sacerdote católico (1963–), diácono (1962–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua ucraína e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónAndrii Sapeliak Editar o valor em Wikidata

Mykhail Mykytsei (en ucraíno: Михаїл Микицей), coñecido como Miguel Mykycej durante a súa etapa arxentina, nado o 17 de outubro de 1934 en Horokholyna (Ucraína) e finado o 20 de maio de 2017 Bos Aires (Arxentina), foi un eclesiástico católico ucraíno, bispo de Santa María do Patrocinio en Bos Aires entre 1999 e 2010.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 17 de outubro de 1934 en Horokholyna, entón parte da Segunda República Polaca (hoxe en Ucraína).[1][2] Emigrou coa súa familia ao Paraguai en 1938, e en 1945 trasladouse novamente con eles a Bos Aires.[1] En 1948 ingresou na congregación dos Fillos da Divina Providencia como aspirante, facendo os votos temporais o 11 de febreiro de 1954 e os perpetuos o 11 de febreiro de 1961.[1]

En 1959 marchou a Roma a estudar Teoloxía na Pontificia Universidade Lateranense.[1] Alí foi ordenado sacerdote o 21 de abril de 1963 polo metropolita de Galicia Yosyf Slipyi.[1][2] Á súa volta a Arxentina exerceu o seu ministerio na súa congregación e atendendo as comunidades ucraínas.[1]

O 23 de xuño de 1990 foi nomeado bispo auxiliar de Santa María do Patrocinio en Bos Aires e bispo titular de Nazianzus polo papa Xoán Paulo II.[1][2] Recibiu a consagración episcopal o 14 de outubro de mans do bispo de Bos Aires Andrii Sapeliak,[1] e tivo como co-consagrantes principais ao bispo de San Xoán Bautista en Curitiba Efraím Basílio Krevey e ao bispo de San Roque de Presidencia Roque Sáenz Peña Abelardo Francisco Silva.[3][2] Residiu en Posadas, atendendo dende alí ás comunidades ucraínas do norte da Arxentina.[1] O 20 de xaneiro de 1998 foi nomeado administrador apostólico da eparquía, e o 24 de abril de 1999 foi nomeado bispo da eparquía.[1][2] Foi un grande impulsor da implantación e consolidación da súa congregación en Ucraína.[1]

Retirouse o 10 de abril de 2010.[1] Logo do seu retiramento continuou a traballar colaborando na eparquía, na catedral e noutras comunidades.[1] Finou o 20 de maio de 2017 en Bos Aires, na sé da eparquía.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 "Reseña de la vida de Mons. Mykycej, recientemente fallecido". Agencia Informativa Católica Argentina (aica.org). 24 de maio de 2017. Consultado o 20/01/2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Guía eclesiástica argentina. Agencia Informativa Católica Argentina. 2000. p. 522. 
  3. "Breve biografía de obispos - Mons. MYKYCEJ, Miguel (Don Orione - FDP)". Agencia Informativa Católica Argentina (aica.org). Arquivado dende o orixinal o 21/01/2019. Consultado o 20/01/2019. [...] ordenado obispo el 14 de octubre de 1990 por Mons. Andrés Sapelak SDB, obispo eparca de los ucranios (co-consagrantes: Mons. Efraím Basílio Krevey OSBM, obispo de San Juan Bautista en Curitiba de los Ucranios, Brasil y Mons. Abelardo Francisco Silva, obispo de Presidencia Roque Sáenz Peña) [...] 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Andrii Sapeliak
 Bispo Santa María do Patrocinio en Bos Aires 
1999 - 2010
Sucesor:
Sviatoslav Shevchuk