Motor a dous tempos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Motor a dous tempos é un tipo de motor de combustión interna de mecanismo simple. Ou sexa, ocorre un ciclo de admisión, compresión, expansión e *exhaustión de gases a cada volta do eixo. Distinto dos motores de catro tempos, as etapas de funcionamento non ocorren de forma ben demarcada, habendo admisión e *exhaustión de gases simultaneamente, por exemplo.

Un tempo de funcionamento do motor é percorrido do punto morto inferior ao punto morto superior da traxectoria do pistón. Así, un tempo equivale a media volta do eixo de manivelas. No caso, chámase o primeiro tempo de compresión e admisión, o segundo, de escape e transferencia de calor.

En termos tecnolóxicos hai dous extremos. Existen os motores de pequeno porte, que equipan motoserras, algunhas motos, aeromodelos e pequenos xeradores eléctricos, por exemplo. E existen motores de grande porte, principalmente de ciclo Diesel, para propulsión naval, como o maior motor de combustión interna do mundo, o Wärstsilä-Sulzer RT-flex96C. Os principios, as formas e desempeños de cada un destes grupos son tan extremamente distinguidos como as aplicación, debéndose trátalos de maneira separada.

Motores de pequeno porte[editar | editar a fonte]

Mecanismo[editar | editar a fonte]

Motor a dous tempos, sen válvulas, de ignición por faísca.

Motores de pequeno porte, a 2 tempos, non utilizan o cárter como depósito de óleo. A lubrificación obtense engadindo óleo directamente ao combustíbel, na proporción típica de 1 volume de óleo para 40 de combustíbel, ou coa utilización dalgún dispositivo de lubrificación automática, como o Lubrimat dos automóbiles DKW ou o Autolub dalgunhas motocicletas. Durante a combustión, o óleo contido no combustíbel deposítase nas superficies metálicas lubrificando os elementos a medida en que pasa da cámara de combustión para o cárter.

Estes motores frecuentemente non posúen válvulas propiamente ditas, teñen dúas xanelas na parede da cámara de combustión, para comunícala co exterior e o cárter:

  • A xanela de admisión, por onde vai ser introducida a mestura gasosa formada polo ar e polo combustíbel.
  • A xanela de comunicación entre o cilindro e o cárter, á cal tamén se dá o nome de "traslada";
  • A xanela de escape, colocada na parte superior do cilindro e que fai a comunicación deste co exterior, permitindo a saída dos gases queimados provenientes da combustión;

O funcionamento ocorre conforme a seguinte secuencia:

  1. Á medida en que ocorre o movemento ascendente do émbolo, o mesmo obstrúe as xanelas, e axiña comprime a mestura gasosa existente na parte superior do cilindro.
  2. Ao mesmo tempo créase un vacuo no cárter, que forza a admisión de ar atmosférico no interior do mesmo.
  3. Cando o émbolo atinxe o punto morto superior dáse a ignición, debido á liberación da faísca na buxía. Os gases premen o pistón en dirección ao punto morto inferior, producindo así traballo, movendo a cambota. Durante esta etapa, o émbolo libera a xanela de escape posibilitando a saída dos produtos de combustión.
  4. Próximo ao punto morto inferior, o pistón abre a xanela de transferencia. Ao mesmo tempo, seu movemento descendente presuriza o cárter, forzando a nova mestura a penetrar na cámara o que tamén contribúe na *exhaustión de gases de combustión. Ao término desta fase o motor fica nas condicións iniciais permitindo que o ciclo se repita.

Vantaxes,en relación a un motor de 4 tempos e dimensións e RPM igual[editar | editar a fonte]

O motor coas mesmas dimensións e RPM (rotación por minuto), dá unha maior potencia que o motor de catro tempos e o torque é máis uniforme. O baixo custo de fabricación, debido a que faltan os órganos de distribución dos cilindros, substituídos polos pistóns, quedados coas fendas de escape e combustión, así como as de carga, por iso ten menor peso e menor tamaño en volume.

Desvantaxes, en relación a un motor de 4 tempos e potencia e RPM igual[editar | editar a fonte]

Alén das bombas especiais de *exaustión e de carga, con menor poder calorífico e maiores emisións de contaminantes atmosféricos e polución sonora, o consumo de combustíbel relativamente elevado; carga calorífica considerabelmente máis elevada que nun motor de catro tempos, de iguales dimensións, menor eficiencia. O consumo de combustíbel é cerca de 30% a maior en motores de dous tempos comparando con motor de catro tempos.