Motor Wankel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Motor Wankel

O motor Wankel é un tipo de motor de explosión, inventado por Felix Wankel, que utiliza rotores en forma de triangulo en vez dos Pistóns dos motores convencionais.


Historia[editar | editar a fonte]

Compoñentes característicos de un Motor Wankel
Esquema de un Motor Wankel en funcionamento

"A idea dos pistóns rotativos revolucionou o mundo", afirmaba en 1955 a publicidade da firma alemá NSU, unha das que adquiriran a patente do motor rotativo idealizado e realizado por Felix Wankel. "Neste tipo de motor, os pistóns e as bielas non funcionan violentamente como nos motores convencionais. Non existe neste motor, tamén, a árbore de manivela. Por esta razón, o novo motor funciona con tanta suavidade sendo, ao mesmo tempo, moi robusto". Era a primeira vez que o motor de explosión convencional tiña un rival aparentemente capaz de quebrar a súa hexemonía.

Mais as cousas non serían tan simples como pensaban algúns. Tras a primeira euforia, veu a resaca e a maioría das marcas interesadas no motor rotativo acabaran por recuar e abandonar o seu desenvolvemento. O concepto esencial era e é simple na súa formulación, mais difícil na súa aplicación. Trátase dun motor compacto que precisa de moitas menos pezas que un convencional, mais a súa fabricación resulta ser máis cara e non cumpre tan facilmente coas normas, cada vez máis esixentes, sobre o consumo e a polución.

A pesar das súas indiscutíbeis calidades de eficacia mecánica, baixo nivel de vibracións e ruído e utilización de pouco espazo para o motor, o motor aínda non conseguiu destronar o de pistóns (Ciclo de Otto) de movemento alternativo, con longos anos de uso e un notábel grao de perfeccionamento técnico e, consecuentemente, económico.

Os tempos do ciclo de Wankel: a admisión (en azul), a compresión (en verde), a explosión (en vermello) e a exhaustión (en amarelo). O vértice A axuda a acompañar a revolución do rotor triangular.

Funcionamento[editar | editar a fonte]

Ese motor consiste esencialmente nunha cámara cuxo formato interno se aproxima da forma dun oito. Dentro dela, un rotor máis ou menos triangular - o pistón do motor - xira excentricamente con relación ao eixe principal, que equivale á cambota dos motores a pistóns. As formas destes dous elementos son tales que mentres os cantos do pistón están sempre equidistantes das paredes da cámara - e moi próximos a elas, formando un feche - eles sucesivamente aumentan e diminúen o espazo entre os lados convexos do triángulo - o rotor - e as paredes da cámara.

Así, se unha mestura for inxectada nunha das cámaras, cando está aumentando de tamaño, será comprimida na redución subsecuente de volume, mentres o rotor, ou pistón, xira. Deste xeito, o ciclo clásico de catro tempos - admisión, compresión, explosión e exhaustión - é producido e, alén diso, as tres faces do rotor están en tres fases distintas do ciclo, ao mesmo tempo.

Vantaxes[editar | editar a fonte]

As vantaxes do motor Wankel sobre os motores a pistón convencional son moitas. En primeiro lugar, non existen vibracións debido ao feito de que só hai un movemento rotativo, iso significa aínda menor desgaste e vida máis longa. O motor Wankel non ten nada de complicado, polo contrario, ten poucos compoñentes e é ben menor. Alén diso el xera máis potencia e máis torque que un motor "convencional" de mesma cilindrada. Iso porque cada lado de seu rotor encóntrase nunha fase do ciclo, xerando máis explosións ao redor do eixe cambota do que un motor a pistón.

A Mazda actualmente conta cunha nova xeración de motores rotativos, chamado de Wankel Renesis pola marca, que presentan un consumo moi semellante a coches concorrentes. Debido ao seu principio de funcionamento, en que non existen mudanzas bruscas de compoñentes (alteración no sentido de movemento dos pistóns), as vibracións producidas polo motor son ben menores, así como o nivel de ruído. Outro aspecto importante, fica por conta do torque, que é facilitado de forma máis homoxénea e constante. Como se non bastase, son moito máis compactos e leves, posibilitando cofres de motor tamén menores, centro de gravidade do coche máis baixo, frontes menores e con mellor aerodinámica (coches con motor dianteiro).


Desvantaxes[editar | editar a fonte]

Entre súas desvantaxes inclúense unha curva de potencia non moi elástica e os problemas en manter un feche ideal entre os cantos do rotor e as paredes da cámara de combustión debido á dilatación térmica, o que causa algunhas dificultades debido ao rigor das especificacións do proxecto e ás tolerancias mínimas na produción.

Quasiturbine

Alén diso o motor Wankel quece moito máis que o motor a pistóns, debido ás altas rotacións, traballando sempre no "límite", por así dicir. Outra desvantaxe é a alta taxa de emisión de gases contaminantes.

En 1996 foi patentado o motor Quasiturbine, unha evolución do motor Wankel. Foi desenvolvido por un equipo formado pola familia canadense Saint-Hilaire, dirixida polo físico Dr. Gilles Saint-Hilaire. No Quasiturbine, varias das desvantaxes do motor Wankel foron eliminadas.



Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Motor Wankel