Mota Lava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mota Lava
Banks Islands-en.svg
Localización da illa
Mota Lava.jpg
Situación
País Vanuatu
Provincia Torba
Arquipélago Illas Banks
Mar Océano Pacífico
Coordenadas 13°41′S 167°40′E / 13.683°S 167.667°E / -13.683; 167.667
Xeografía
Xeoloxía Volcánica
Superficie 24 km²
Longura máxima 8´3 km.
Largura máxima 7´7 km.
Punto máis alto 411 m.
Demografía
Capital Lahlap
Poboación 1.451 hab. (2009)
Densidade 60 hab./km² hab./km²


Mota Lava ou Motalava é a cuarta illa máis grande das Illas Banks en Vanuatu, logo de Gaua, Vanua Lava e Ureparapara, cunha superficie de 24 km². É a máis grande e alta (411 m.) da cadea oriental das illas. A uns 270 m. na súa costa sur, unida por altos corais que se poden vadear en marea baixa, está o illote de Ra, cunha superficie de 0´5 km².

Mota Lava ten unha poboación duns 1.640 habitantes[1] (Mota Lava + Ra), dando unha densidade de poboación de 67 habitantes por km².

Hai un aeroporto na illa (IATA Código: MTV).

Nome e lingua[editar | editar a fonte]

Nos primeiros textos e mapas do século XIX, a illa de Mota Lava foi nomeada como Saddle Island, (Illa Sela), debido ao perfil característico da illa vista desde un barco.

O hábito de designar á illa como Mota Lava foi tomado polos misioneiros do século XIX da lingua da veciña illa de Mota. Os habitantes de Mota Lava chaman á súa propia illa Mwotlap.

Mwotlap tamén designa á lingua falada polos habitantes de Mota Lava. É o máis falado dos idiomas das Illas Banks, con preto de 2.100 falantes.

Un intento anterior de transcribir o nome nativo, tanto da illa como da lingua, deu a forma Motlav.

Historia[editar | editar a fonte]

Mota Lava foi avistada por primeira vez polos europeos durante a expedición española de Pedro Fernandes de Queirós, desde o 25 ata o 29 abril de 1606. O nome da illa cartografouse como Lágrimas de San Pedro ("Bágoas de San Pedro", en español).[2]

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

Mota Lava está composto de polo menos cinco volcáns basálticos, dous conos, Vetman e Tuntog, están ben conservados. Vetman é un cono piroclástico no centro da illa cun cráter roto no cume. No extremo sudoeste da illa, Tuntog é un cono composto cun cráter de 500 m. de extensión.

A análise xeoquímica mostra que a lava da illa ten unha composición similar á das veciñas Mota e Ureparapara, así como a lava do sur do país, pero difire de material expulsado no centro de Vanuatu. Esta última rexión viuse afectada pola subdución dun extinto complexo arco de illas mergulladas, chamado a Zona D'Entrecasteaux.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Instituto Nacional de Estatística Vanuatu (2009). "2009 Censo Nacional de Poboación e Vivenda: Resumo da versión". 
  2. Kelly, Celsus, O.F.M. La Austrialia del Espíritu Santo. The Journal of Fray Martín de Munilla O.F.M. and other documents relating to the Voyage of Pedro Fernández de Quirós to the South Sea (1605-1606) and the Franciscan Missionary Plan (1617-1627) Cambridge, 1966, p.39, 62.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mota Lava Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]