Ureparapara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ureparapara
Banks Islands-en.svg
Localización da illa
Ureparapara 167.33333E 13.53333S.jpg
Vista desde satélite
Situación
País Vanuatu
Provincia Torba
Arquipélago Illas Banks
Mar Océano Pacífico
Coordenadas 13°32′S 167°20′E / 13.533°S 167.333°E / -13.533; 167.333
Xeografía
Superficie 39 km²
Longura máxima 8´3km.
Largura máxima 7´7 km.
Punto máis alto 764 m. Monte Tow Lap
Demografía
Capital Leserepla
Poboación 437 hab.
Densidade 11 hab./km² hab./km²


Ureparapara (tamén coñecida como Parapara para abreviar) é a terceira illa máis grande do Grupo Banks no norte Vanuatu logo de Gaua e Vanua Lava.

Xeografía[editar | editar a fonte]

a illa de Ureparapara é un vello cono volcánico invadido polo mar na costa leste, que forma a Baía Divers. A parte desta fendedura na costa, a illa é de forma circular, cun diámetro duns oito quilómetros. A superficie é de 39 km².

Poboación[editar | editar a fonte]

A poboación era de 437 habitantes en 2009.[1]

Hai tres aldeas na illa. A aldea principal é Léar (Leserepla).[2] As outras son Lehali (na costa oeste) e Leqyangle.[3]

Dúas linguas son faladas tradicionalmente na illa, a Löyöp e a Lehali.[4]

Nome[editar | editar a fonte]

O nome Ureparapara reflicte o nome da illa na lingua Mota, lingua que foi elixida polos misioneiros, a finais do século XIX, como o idioma de referencia para a zona.

A illa chámase localmente Noypēypay en Lehali, e Aö en Löyöp..

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro europeo en chegar a Ureparapara foi o explorador español Pedro Fernández de Quirós o 15 de xuño 1606. Que bautizouna como Pilar de Zaragoza, pero, máis tarde, cartografouse como A nosa Señora de Monserrat Ambos polo seu capelán Frei Martín de Munilla.[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Instituto Nacional de Estatística Vanuatu (2009). "2009 Censo Nacional de Poboación e Vivenda: Resumo da versión". 
  2. Vincent Lebot und Pierre Cabalion: Les Kavas de Vanuatu, S. 83
  3. Maffi & Taylor, 1977, "The Mosquitoes Of The Banks And Torres Island Groups Of The South Pacific".
  4. ver tamén Detailed list and map of the Banks and Torres languages.
  5. Kelly, Celsus, O.F.M. La Austrialia del Espiritu Santo. The Journal of Fray Martín de Munilla O.F.M. and other documents relating to the Voyage of Pedro Fernández de Quirós to the South Sea (1605-1606) and the Franciscan Missionary Plan (1617-1627) Cambridge, 1966, p.121.