Mosquera Celtic Band

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mosquera Celtic Band é unha banda de música tradicional, na súa maioría celta,[1] mais tamén abrangue o folk-pop.[2][3] Ten a súa sede en Castela-A Mancha mais ten presenza nacional e até internacional.[2][4] A banda actúa en varios festivais como por exemplo o Festival Intercéltico de Avilés, en Asturias.[5] Teñen tamén actuado en Galiza.[4] É unha banda especializada en Música Folk/Celta/Pop creada e dirixida polo multi-instrumentista, compositor, autor e produtor musical toledano de orixes galegas Fernando Mosquera, un dos artistas folk actuais con máis proxección: é capaz de tocar actualmente ao redor de 70 instrumentos diferentes, 15 deles nun só concerto.

Orixe[editar | editar a fonte]

As orixes da banda remontan ó Xacobeo de 2010 cando a Xunta de Galiza encargou a Fernando Mosquera a composición dunha peza para a celebración, e a partir de aí xurdiu a posibilidade de formar un grupo.[5][6] Fernando Mosquera compuxo "Galicia Infinda (*Promo Galicia)", unha das cancións que formaron parte posteriormente do seu primeiro traballo, ·PEREGRINATIO·. Este álbum está orientado claramente cara á Música Folk de Galicia, con algún coqueteo coa música irlandesa. Formado por 14 cancións, a maioría compostas por Fernando Mosquera, gravouse en directo no XV Festival Intercélticu d'Avilés, onde foron como cabeza de cartel.

O seu segundo traballo foi ·OUTLANDER·, onde se inicia o verdadeiro camiño da Banda cara á Música Folk/Celta. Con 13 cancións e abundantes colaboradores de nivel internacional, foi gravado en 12 estudos de 3 países diferentes, dando como resultado un álbum composto case na súa totalidade por Fernando Mosquera e que recibiu o premio ao "Mellor Álbum Folk Europeo" pola Sociedade Radiofónica de Italia.

En 2020 presentan o seu novo traballo discográfico, ·TERRA·, cunha xira na que tamén celebran o seu 10º Aniversario. Este álbum, con 15 cancións, está composto na súa totalidade por Fernando Mosquera, polo que constitúe o seu traballo máis persoal. Conta coa colaboración de case 15 artistas de nivel internacional. Tras dous anos de investigación e gravación, en ·TERRA· plásmase a creación do bluegrass americano a partir da música tradicional de Escocia e Irlanda, explicada a través das causas que provocaron a emigración destes pobos ao Novo Continente a partir do século XVIII. Unha fusión total entre os sons celtas europeos e o folk americano. Este álbum conta desde varios puntos de vista musicais a fusión entre as músicas celtas do Arco Atlántico coa que xorde alén do océano levada pola emigración, fusión que estivo presente durante a creación dos Estados Unidos. Sons celtas fusionados cos sons americanos orixinarios, nos que tamén hai cabida para as denominadas cancións de ida e volta.

A Mosquera Celtic Band presenta en directo un son potente e redondo que non deixa indiferente ao público nin á crítica especializada. Con abundancia de gaitas e sons actuais, son o mellor exemplo do ben que poden funcionar xuntos sons tomados de diferentes culturas se se sabe engadir os elementos adecuados.

Fernando Mosquera e a Banda Celta colaboraron, en directo ou nos seus discos, con artistas como Carlos Núñez, Hevia, John McSherry, Kepa Junkera, Rosa Cedrón, Gwendal, Luar na Lubre, Diane Cannon, Dónal O'Connor, Gillebride MacMillan, Àdhamh Ó Broin, Korrontzi Folk, Mª José Hevia, Pancho Álvarez, Cuco Pérez, Glen Velez, Ciara McCrickard, Carlos Escobedo (Sôber), Jesús Cifuentes (Celtas Cortos), José Mª Santamaría (Mocedades), Miguel Ríos, "El Sherpa" (Barón Rojo), Coro de San Sebastián, Vicky Gastelo, Lluís Gómez, Francisco Cañizares, Buddy García, Sorginak, a Banda de Gaitas "Rías Seicas" e a Banda de Gaitas "Lume de Biqueira", entre outros.

O mixer da banda, Álvaro Mata, é un produtor musical galardoado con 5 Premios Grammy.

Xiras[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Albún Ano Selo Formato Deposito legal Estado
Peregrinatio[5] 2012[5] Several Records/Severalia Música[6] LP[6] M-45183-2011[6] Editado[6]
Outlander[8] 2015[8] Several Records, S.L.[6] LP[6] M-6824-2015[6] Editado[6]
Terra 2020 Several Records[6] LP[6] M-9209-2020 Editado

Integrantes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Celtic Band | Mosquera Celtic Band". 2012-01-13. Consultado o 2016-10-23. 
  2. 2,0 2,1 Toledo, La Tribuna de. "Mosquera Celtic Band abre en Toledo su "Peregrinatio"". La Tribuna de Toledo. Consultado o 2016-10-23. 
  3. OpenHost,SL. "Fernando Mosquera presenta en Argentina ‘Outlander’, el último trabajo discográfico de la Mosquera Celtic Band". Crónicas de la Emigración. Consultado o 2016-10-23. 
  4. 4,0 4,1 Coruña, La Opinión de A. "Música celta para "conquistar" Arteixo". Consultado o 2016-10-23. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Toledo, La Tribuna de. "Mosquera Celtic Band abre en toledo su "Peregrinatio"". La Tribuna de Toledo. Consultado o 2016-10-23. 
  6. 6,00 6,01 6,02 6,03 6,04 6,05 6,06 6,07 6,08 6,09 6,10 "Mosquera Celtic Band". Girando por Salas. Consultado o 2016-10-23. 
  7. Internacional, La Región. "Mosquera Celtic Band de gira en Argentina, Chile y Uruguay". La Región Internacional. Consultado o 2016-10-23. 
  8. 8,0 8,1 "Outlander | Mosquera Celtic Band". 2015-04-13. Consultado o 2016-10-23. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.