Montoxo, Cedeira
| San Xiao de Montoxo | |
|---|---|
| Igrexa de San Xiao de Montoxo. | |
| Concello | Cedeira |
| Área | - km² |
| Poboación | 430 hab. (2007) |
| Entidades de poboación | 39 |
San Xiao de Montoxo é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 430 habitantes (219 mulleres e 211 homes), distribuídos en 39 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 504 habitantes.
Índice |
Xeografía [editar]
Montoxo está situada no extremo surleste do concello, na beira dereita do río das Mestas e na aba occidental da serra da Capelada, o que fai que este territorio sexa un tanto escarpado. Limita ao norte coa parroquia de Régoa dende o alto da Capelada baixando polo rego do Feal até a ponte da Braxe. Polo leste linda co concello de Ortigueira dende o rego do Feal polos altos da Capelada e baixando por Penido de Camporredondo, Pedrasmiudas, Peado e Sedeás, até a fonte do rego de Guitín. Polo sur limita co concello Cerdido dende o anterior rego até a Pasada de Vagariños no río das Mestas. Polo oeste o linde e a parroquia de San Román de Montoxo, dende a anterior pasada até a Ponte de Braxe no rego de Ferrería.
A estrada de Cedeira que enlaza coa AC-862 de Ferrol a Ortigueira no Campo de Hospital cruza a parroquia polos lugares de Cheda, Teixoeira e Mundín.
Patrimonio [editar]
Na beira do rego de Aneiros atopamos a igrexa parroquial na honra de San Xiao e no lugar de Mundín érguese a capela de Santo Antón e San Ignacio.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de San Xiao de Montoxo [editar]
| Lugares da parroquia de Montoxo no concello de Cedeira | |
|---|---|
|
Agrochao | Os Agueiros | Balvís | As Bieiteiras | A Calzada | O Campo do Hospital | A Carballa | Carracedo | A Cheda de Abaixo | A Cheda de Arriba | Cimadevila | O Empalme de Arón | Ervellás | O Esperón | A Ferrería | As Figueiras | A Fonsa | A Fraguela | A Granxa | O Igrexario | Os Lagos | Liñares | O Lombo | A Manguela | Montoxo Vello | Mundín | Muruxás | A Pena | A Penela | A Penica | Portovello | Purrei | As Ratas | A Referta | O Rego | Regueiro | Sedeás | O Torno | Vilarnovo |
Parroquias de Cedeira [editar]
| Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cedeira | |
|---|---|
|
Cedeira (Santa María do Mar) | Cervo (Santalla) | Esteiro (San Fiz) | Montoxo (San Xiao) | Piñeiro (San Cosme) | Régoa (Santa María) | San Román de Montoxo (San Román) | Teixido (Santo André) |