Piñeiro, Cedeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Piñeiro
Igrexa parroquial de San Cosme.
ConcelloCedeira[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°39′45″N 8°02′23″O / 43.6624, -8.0398Coordenadas: 43°39′45″N 8°02′23″O / 43.6624, -8.0398
Poboación396 hab. (2017)
Entidades de poboación27[1]
editar datos en Wikidata ]

San Cosme de Piñeiro é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 437 habitantes (230 mulleres e 207 homes), distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 407 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Piñeiro sitúase na parte oriental da ría de Cedeira, na beira dereita do río Condomiñas e na esquerda do regato Pontigas. Polo norte o Pontigas xunto co seu afluente Candales sepárana da parroquia de Régoa até a fonte da Balteira. Polo leste linda coa parroquia de San Román de Montoxo, e polo sur con esta mesma parroquia na pena de Freixido e no lugar da Trave e coa de Esteiro dende este lugar até o regato Cordobelas na praia. E polo oeste o límite e a praia de Cedeira e o río Condomiñas.

A estrada dende Ferrol atravesa a parroquia até enlazar no lugar da Area, cunha ponte de tres arcos que a une á vila de Cedeira e coa estrada que chega ao Campo do Hospital pasando polos lugares de Campoalegre, Mosende, Casanova e Casagrande. Tamén parte desta mesma encrucillada na Area outra estrada que chega até Chímparra e os altos da Serra da Capelada.

A esta parroquia pertence o chamado ensanche da vila de Cedeira, o lugar da Area, que hoxe é a entidade da poboación máis importante.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial, na honra de San Cosme é de cruz latina e nova construción. Érguese preto do comezo da estrada que vai até o Campo do Hospital. Tamén se ergue preto da mesma estrada o edificio que acolleu as escolas e que foi costeado pola sociedade “Hijos de Cedeira en La Habana”. Neste mesmo lugar da Area, coñecido como ensanche da vila de Cedeira, érguese o grupo escolar e outras edificacións notables xa derruídas e construídas ao longo dun peirao, nun recheo gañado á ribeira do río Condomiñas.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Piñeiro[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Piñeiro no concello de Cedeira

Agrochaíl | Agrochao | A Area | O Beco | Bereixo | Birizo | Camposa | A Casagrande | A Casanova | O Castro | A Chousa | O Coto | Diamantel | A Estoxa | Freixido | As Lagoas | A Marabilla | Mosende | O Norbasco | O Olmo | Pedra do Camiño | O Peneiro | O Pereiro | O Sartego | A Trabe | Ventosa | Vista Alegre


Parroquias de Cedeira[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cedeira

Cedeira (Santa María do Mar) | Cervo (Santalla) | Esteiro (San Fiz) | Montoxo (San Xiao) | Piñeiro (San Cosme) | Régoa (Santa María) | San Román de Montoxo (San Román) | Teixido (Santo André)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]