Mobella pequena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mobella Pequena
Juvenile red throated diver.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 LC gl.svg
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Gaviiformes
Familia: Gaviidae
Xénero: Gavia
Nome científico
Gavia Stellata
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

A Mobella Pequena é unha ave da familia das Gaviidae.

Morfoloxía e Hábitos[editar | editar a fonte]

Trátase dun ave de 53-58 cm de lonxitude e un peso entre os 1000 e 2000 gramos. Trátase das máis pequenas das mobellas, cunha envergadura de 91-110 cm. O Peteiro é recurvado, coas costas escuras sen debuxo. A cabeza e os laterais da cabeza son de cor gris cinza. Na época de cría mostra unha mancha vermella na parte frontal do pescozo. Os ollos son vermellos. Durante o inverno a plumaxe é semellante á da Mobella ártica. Femia e Macho son morfoloxicamente iguais. Nada coa cabeza ergueita algo escorada lateralmente. Atópase en Lagos e Lagoas, incluídos aqueles existentes na tundra. Aliméntase de Peixes, crustáceos e batracios.

Reprodución[editar | editar a fonte]

O período de cría vai de maio a xullo. O tempo de incubación é de 24-29 días. Os polos voan ás seis semanas.

Distribución[editar | editar a fonte]

Na época de cría está presente en Escandinavia, Estremo Norte das Illas Británicas, Islandia e Noroeste de Rusia. Fóra da época de cría atópase ó longo da costa europea exceptuando a costa sur da Península Ibérica.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. (en castelán)