Mireille Mathieu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mireille Mathieu en 2006

Mireille Mathieu, nada en Aviñón o 22 de xullo de 1946, é unha cantante francesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Descuberta en 1965, Mathieu é o arquetipo da cantante popular dos anos 60 e 70, período no que coñeceu os seus maiores éxitos. Está considerada un símbolo da canción francesa, cunhas vendas que acadan os 150 millóns de discos por todo o mundo, gravados en 11 linguas, entre elas o propio francés, o castelán o catalán e mais o provenzal.