Mileto, Italia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMileto, Italia
Mileto (it) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 38°36′28″N 16°04′03″L / 38.6078, 16.06751Coordenadas: 38°36′28″N 16°04′03″L / 38.6078, 16.06751
EstadoItalia
RexiónCalabria
ProvinciasProvincia de Vibo Valentia Editar o valor em Wikidata
CapitalMileto Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación6.335 (2023) Editar o valor em Wikidata (177,7 hab./km²)
Xeografía
Superficie35,65 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude365 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónNicolao de Mira Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal89852 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0963 Editar o valor em Wikidata
Identificador ISTAT102021 Editar o valor em Wikidata
Código catastral italianoF207 Editar o valor em Wikidata

Páxina webcomune.mileto.vv.it Editar o valor em Wikidata

Mileto (Militu en dialecto calabrés; Μίλητος Miletos, en grego antigo) é un municipio (comune) da provincia de Vibo Valentia, en Calabria, (Italia) de 6.809 habitantes,[1] situado sobre un outeiro de forma alongada ao leste da cordilleira de Monte Poro e ao sur da capital da provincia, Vibo Valentia.

Historia[editar | editar a fonte]

As orixes de Mileto remóntanse á época da antigüidade grega. Encontráronse restos dunha vila romana que data do século II, construída sobre outra de época anterior.

Na época bizantino a cidade foi conquistada polos normandos, converténdose na capital do condado de Roxerio de Hauteville.

Roxerio II, primeiro rei de Sicilia, da familia dos Hauteville, estableceu nela a súa residencia, o que fixo da cidade un dos centros máis importantes non só de Calabria, senón de toda Europa.

Igrexa da Trindade.

A cidade foi sede episcopal desde o século XI, cando Roxerio obtivo a fundación do episcopado do papa Gregorio VII.

Hoxe quedan os restos dunha Catedral, fundada en 1081 e da Abadía beneditina da Santísima Trindade.

Despois do terremoto de 1783 que destruíu a antiga cidade, unha nova Mileto contruiuse cerca de 2 km ao oeste nun lugar chamado "Villa del vescovo".

A finais de xaneiro de 1799 o cardeal Fabrizio Ruffo viaxou a Palermo para presentar ao rei Fernando IV de Nápoles, que se refuxiara alí escapando da República Partenopea creada polos xacobinos, un proxecto de reconquista do seu Reino.

O cardeal Ruffo.

Aceptado o plan, o cardeal creou o Exército Católico Real e volveu a Nápoles onde contou co apoio dos napolitanos. Miles de homes preparáronse para loitar contra os xacobinos en defensa dos Borbóns. E o 13 de xuño de 1799, Fernando IV restaurou a monarquía borbónica.

O 28 de marzo de 1807 o pobo viviu o enfrontamiento entre o exército napolitano e o francés que, baixo o mando do xeneral Reynier, gañou a batalla de Mileto o que supuxo o dominio da rexión por Napoleón durante unha década.

O 27 de agosto de 1860 Giuseppe Garibaldi chegou a Mileto antes de completar a conquista do Reino de Nápoles.

Durante a segunda guerra mundial, o 16 de xullo de 1943, Mileto foi atacada por algúns avións estadounidenses que escoltaban os bombardeiros de Vibo. O ataque matou 39 civís, na súa maioría mulleres e nenos. A cidade de Mileto recibiu a medalla de bronce do Mérito Civil o 16 de xullo de 2008.

Evolución demográfica[editar | editar a fonte]

No censo de 1991 Mileto rexistraba unha poboación de 7.492 habitantes. No censo de 2001 rexistrou unha poboación de 7.157 habitantes, polo que na década 1991-2001 a poboación sufriu unha diminución do 4,47 %.

Os habitantes distribúene en 2.435 núcleos familiares cunha media por núcleo familiar de 2,94 compoñentes.

Etnias e minorías estranxeiras[editar | editar a fonte]

Segundo datos do ISTAT (Istituto nazionale di statistica de Italia) ao 31 de decembro de 2010,[2] os cidadáns estranxeiros residentes eran 149 persoas.

As nacionalidades maioritarias sobre o total da poboación residente eran:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ano 2012, Comune: Mileto Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. Datos do ISTAT.
  2. "Statistiche demografiche ISTAT". Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2012. Consultado o 24 de setembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]