Mikhail Ulyanov
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de novembro de 1927 Bergamak, Rusia (en) |
Morte | 26 de marzo de 2007 (79 anos) Moscova, Rusia |
Causa da morte | Doenza gastrointestinal |
Lugar de sepultura | cemiterio Novodevichii |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Unión Soviética Rusia |
Educación | Boris Shchukin Theatre Institute (en) (1946–1950) |
Actividade | |
Ocupación | actor , político , profesor de teatro , director de cinema , director teatral , figura pública |
Período de actividade | 1950 - 2007 |
Empregador | Vakhtangov Theatre (en) (1950–) |
Partido político | Partido Comunista da Unión Soviética |
Membro de | |
Lingua | Lingua rusa |
Familia | |
Cónxuxe | Alla Petrowna Parfanjak (1959–) |
Premios
| |
Páxina web | ulianov.ru |
| |
Lista
|
Mikhail Alexandrovich Ulyanov (en ruso: Михаи́л Алекса́ндрович Улья́нов), nado o 20 de novembro de 1927 e finado o 26 de marzo de 2007, foi un actor soviético e ruso, un dos máis recoñecidos do teatro e o cinema soviético posterior á segunda guerra mundial. Foi nomeado Artista do Pobo da URSS en 1969 e Heroe do Traballo Socialista en 1986. En 1982 recibiu un premio especial do Festival de Venecia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Mikhail Alexandrovich Ulyanov pasou a súa infancia e mocidade na cidade de Tara, óblast de Omsk. Aínda que suspendera os seus exames na escola Schepkinskoe e para a escola de arte dramática de Moscova,[1] mudouse a Omsk en 1944 para converterse en actor. Despois de dous anos de estudos marchou a Moscova e entro na escola de teatro Schukin en 1946.
Ulyanov traballou no teatro Vakhtangov a partir de 1950 e dirixiuno dende 1987. Interpretou un amplo rango de personaxes na escena, sendo Rogozhin de O idiota, de Dostoievski o máis salientable. En 1979 levou ao teatro a novela épica de Vasily Shukshin I have come to give you freedom, que protagonizou como Stepan Razin. En 1985 Mikhail Ulyanov interpretou o panfleto satírico The Child Buyer do dramaturgo estadounidense John Hersey.
En canto ao cinema, interpretou líderes comunistas como Vladimir Lenin e o mariscal Zhukov. A súa célebre personaxe Yegor Trubnikov en Predsedatel (1964) converteuse nun clásico soviético e no seu papel máis emblemático.
Bratya Karamazovy, filme de 1969 que codirixiu, foi candidato ao Oscar ó mellor filme en lingua non inglesa[2] e participou no 6.º Festival Internacional de Cinema de Moscova.[3] Tamén protagonizou Tema (1979) e Chastnaya zhizn (1982), filmes que gañaron premios nos festivais de Berlín e Venecia, respectivamente.
Posteriormente foi aclamado polo papel de Xulio César na versión da obra de Shakespeare (1990), Poncio Pilato na adaptación cinematográfica de Master i Margarita (1994), e o tirador veterano de Voroshilovskiy strelok (1999), dirixido por Stanislav Govorukhin.
Faleceu o 26 de marzo de 2007 dunha doenza intestinal.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Михаил Ульянов - наш строгий маршал, дедушка-заступник" (obituario), Izvestia, 31 de marzo de 2007 Arquivado 5 de setembro de 2008 en Wayback Machine. consultado o 30 de xaneiro de 2011
- ↑ "The 42nd Academy Awards (1970) Nominees and Winners". oscars.org. Consultado o 16 de novembro de 2011.
- ↑ "6th Moscow International Film Festival (1969)". MIFF. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2013. Consultado o 17 de decembro de 2012.
- ↑ Ветераны хотят, чтоб Ульянова похоронили как великого полководца