Miguel Cardeña Lozano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMiguel Cardeña Lozano
Biografía
Nacemento1911 Editar o valor em Wikidata
Andújar, España Editar o valor em Wikidata
Morte1949 Editar o valor em Wikidata (37/38 anos)
Soutadoiro, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesAndaluz Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Miguel Cardeña Lozano, coñecido como Andaluz, nado en Andújar en 1911 e finado en Soutadoiro en outono de 1949, foi un militar e guerrilleiro antifranquista español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Barreneiro de minas, foi militante do PCE. Durante a Guerra Civil loitou co exército republicano e acadou o grao de sarxento. Capturado en Andújar ao rematar a guerra, foi condenado en xuízo sumarísimo a 30 anos de cárcere. Pasou polas cadeas de Xaén o Burgos, para rematar no campo mineiro de Casaio de onde fuxiu o 3 de maio de 1944, dous días antes de que chegara a orde que lle daba a liberdade condicional. Integrouse na Federación de Guerrillas de León-Galicia dentro do grupo de Manuel Girón. No verán de 1945 formou parte, con Abelardo Macías Fernández, José Vega Seoane, Domingo Rodríguez Lopera e Saturnino "Gafas", do grupo volante que o 9 de xullo preparou nunha emboscada á Garda Civil de Edreira na que morreron os gardas Hipólito Martín, Vicente Pascual Chicote, Diosdado Largo Prieto e Exiquio Aguilera, ademais do guerrilleiro José Vega cando lle estoupou unha granada no momento de lanzala. Morreu en estrañas circunstancias en outono de 1949 en Soutadoiro (Carballeda de Valdeorras), ao parecer depurado por Samuel Mayo Méndez.

Os seus restos foron exhumados en setembro de 2003 e identificados meses despois por membros da Asociación para a recuperación da Memoria Histórica. Foi soterrado en Linares o 16 de febreiro de 2004.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 46. ISBN 84-8485-231-8. 
  • Serrano, Secundino (2002). Maquis. Historia de la guerrilla antifranquista. Temas de Hoy. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]