Samuel Mayo Méndez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Samuel Mayo Méndez
AlcumeSaúl
Nacemento1924
Lugar de nacementoSanta María de la Vega
Falecemento31 de maio de 1950
Lugar de falecementoMandaio
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

Samuel Mayo Méndez, coñecido como Saúl e Pelayo, nado en Santa María de la Vega (Zamora) en 1924 e finado en Mandaio (Oza-Cesuras) o 31 de maio de 1950, foi un guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Canteiro. Era un antigo militante das Juventudes Socialistas Unificadas e vivía en Olas (Mesía). Foi un dos guerrilleiros enviados a Francia en 1945 para asistir a cursos de formación guerrilleira. Fora enlace da guerrilla e estivo no monte dende 1946. No verán dese ano creou a II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (separándose da II Agrupación da Federación de Guerrillas de León-Galicia), da que se converteu en xefe militar con Benigno Fraga Pita como comisario político. Foi reclamado polo Xulgado Militar da Coruña en setembro de 1946.[1] A agrupación foi a responsable de varios asaltos e das mortes dos veciños de Piñor, Montero Cid, falanxista, e Emilio Padrón Cuíñas (o 23 de agosto de 1948); do alcalde de Coles José López Quiroga; e do veciño de Piuca Severo Rubín Pérez.[2] Despois da aniquilación da II Agrupación en Chavaga o 20 de abril de 1949 e a morte de Benigno Fraga na serra de San Mamede oito días despois, Samuel Mayo marchou á Coruña, onde se incorporou a IV Agrupación. En maio de 1950 foi abatido pola Garda civil en Mangoño (Oza-Cesuras).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 17-9-1946, p. 5.
  2. La Voz de Galicia, 19-6-1940, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. pp. 135–136. ISBN 84-8485-231-8. 
  • Serrano, Secundino (2002). Maquis. Historia de la guerrilla antifranquista. Temas de Hoy. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]