Metro de Bakú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Metro de Bakú
Bakı Metropoliteni
Información
Cidade Bakú
Tipo Metro
Liñas 2 (máis 1 en planificación)
Estacións 23
Pasaxeiros (día) 1.830.000 (2003)
Pasaxeiros (ano) 677.950.000 (2003)
Operacións
Inauguración 6 de novembro de 1967
Operador(es) Bakı Metropoliteni
Rede 34,6 km
Ancho de vía 1.520 mm (Bitola rusa)
Mapa da rede
Mapa do Metro de Bakú


O Metro de Bakú (en azerí: Bakı Metropoliteni) é o sistema de metro que opera na cidade de Bakú, capital de Acerbaixán. Foi inaugurado en 1967, construído aínda durante a URSS, e foi a primeira rede de metro da República Socialista Soviética de Acerbaixán. Á semellanza doutros metropolitanos soviéticos, as súas estacións son moi ornamentadas.

Historia[editar | editar a fonte]

Estación Həzi Aslanov do Metro de Bakú.

Nos anos 30, o alto desenvolvemento industrial e o aumento da poboación da cidade fixeron dela unha das maiores e máis importantes do Cáucaso. Seguindo o exemplo de Moscova e Leningrado (actualmente San Petersburgo) se decidiu en 1932 que o medio de transporte máis cómodo ás necesidades da cidade en pleno desenvolvemento era o metropolitano, que aumentaría a mobilidade das persoas e diminuiría o tráfico das rúas de Bakú.


Á semellanza de outras cidades da Unión Soviética, os plans estiveron en suspenso debido á Segunda Guerra Mundial para a que foi canalizado todo o capital dispoñible. Tras a guerra foi retomada a idea de construír un metro en Bakú, e en 1947 o proxecto foi aprobado. A primeira liña tiña unha lonxitude aproximada de 10 km, e abriu o 6 de novembro de 1967. Un ano máis tarde, en 1968, foi construído un novo treito de liña con 2,2 km entre as estacións de 28 de Maio e Şah İsmail Xətai. Un novo tramo entre as estacións de Nəriman Nərimanov e Neftçilər foi construído para servir os suburbios da cidade. A rede prolongouse ata o nordeste desde a estación de Nizami Gəncəvi en 1976. A construción de estacións avanzou a ritmo apresurado e en 1986 a rede tiña xa a configuración actual.

Despois da caída da Unión Soviética non houbo ningunha alteración no metro de Bakú, as limitacións económicas non permitiron que as obras proseguisen. Espérase un investimento da Unión Europea de varios millóns de euros para axuda no desenvolvemento da rede. Os últimos anos foron de adversidades para o metro e para o seu funcionamento, en particular, o feito de teren ocorrido dous atentados terroristas, un en 1994 e outro en 1995 (oficialmente foi un atentado, pero ata hoxe aínda non foi confirmado).

En 2003, o sistema levou a un total de 1,83 millóns de persoas por día en 228 vagóns de metro.

Rede[editar | editar a fonte]

Liñas[editar | editar a fonte]

Liña Cor Traxecto Inauguración Lonxitude Estacións
Liña 1 Vermello İçərişəhər ↔ Həzi Aslanov 1967 20,1 km 13
Liña 2 Verde Şah İsmail Xətai ↔ Dərnəgül 1976 14,5 km 10

Cronoloxía[editar | editar a fonte]

Tramo Apertura Lonxitude
İçərişəhər-Nəriman Nərimanov 6 de novembro de 1967 6,5 km
28 de Maio-Şah İsmail Xətai 22 de febreiro de 1968 2,3 km
Nəriman Nərimanov-Ulduz 5 de maio de 1970 2,1 km
Ulduz-Neftçilər 7 de novembro de 1972 5,3 km
28 de Maio-Nizami Gəncəvi 31 de decembro de 1976 2,2 km
Nəriman Nərimanov-Bakmil 28 de marzo de 1979 0,5 km
Nizami Gəncəvi-Memar Əcəmi 31 de decembro de 1985 6,5 km
Neftçilər-Əhmədli 28 de abril de 1989 3,3 km
Cəfər Cabbarlı 27 de decembro de 1993 N/A
Əhmədli-Həzi Aslanov 10 de decembro de 2002 1,4 km
Memar Əcəmi-Nəsimi 9 de outubro de 2008 2,1 km
Nəsimi-Azadlıq Prospekti 30 de decembro de 2009 1,3 km
Azadlıq Prospekti-Dərnəgül 29 de xuño de 2011 1,5 km
Total: 23 estacións 34,6 km

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Metro de Bakú

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]