Metro de Moscova
| Metro de Moscova | ||
| Localización | Cidade de Moscova, Rusia | |
| Tipo de transporte | Metro (ferrocarril) | |
| Inauguración | 1935 | |
| Lonxitude das liñas | 298,2 km[1] | |
| Número de liñas | 12 | |
| Nº de usuarios ao día | 9.55 millóns, cunha media de 6.8 millóns | |
| Estacións | 182 | |
| Ancho de vía | 1,520 m | |
| Operadora do metro | Moskovsky Metropoliten | |
O metro de Moscova, en ruso: Московский метрополитен, tamén coñecido como o palacio subterráneo, foi inaugurado en 1935, e é actualmente o primeiro do mundo por densidade de pasaxeiros, transporta arredor de 3.341.500.000 persoas ao ano e cerca de 9,2 millóns de individuos ao día.[2] Posúe 165 estacións e unha lonxitude de tendido subterráneo de 298 quilómetros (quinto no mundo despois de Nova York, Londres, Madrid e Toquio) con 12 liñas.
Na liña nº 5, con forma de anel, que se cruza con todas as outras en dúas estacións, a megafonía indica aos usuarios o sentido en que viaxa o tren, utilizando voces masculinas cando avanzan no sentido das agullas do reloxo, e voces femininas cando se dirixe en sentido contrario. Así, nas liñas radiais, empréganse voces masculinas cando os trens se acercan ao centro da cidade, e voces femininas cando se alonxan.
Índice |
Historia [editar]
A primeira liña foi aberta o 15 de maio de 1935 entre Sokol'niki e Park Kul'tury, cun ramal cara Smolenskaya que foi ampliado até Kievskaya en abril de 1937 (cruzando o río Moscova sobre unha ponte). Dúas liñas máis foron logo abertas antes da Segunda Guerra Mundial. En marzo de 1938 a liña de Arbatskaya foi ampliada até a estación de Kurskaya (hoxe Arbatsko-Pokrovskaya). En setembro de 1938 abriuse a liña Gorkovsko-Zamoskvoretskaya, entre Sokol e Teatral'naya.
Os proxectos da terceira etapa do Metro de Moscova foron retrasados durante a Segunda Guerra Mundial. Dúas seccións do metro foron postas en servizo: Teatralnaya - Avtozavodskaya (3 estacións, cruzando o río Moscova nun túnel profundo) e Kurskaya - Izmaylovskiy Park (4 estacións).
Despois da guerra iniciouse a construción da cuarta etapa do metro, que incluía a liña Kol'tsevaya e a parte profunda da liña Arbatsko-Pokrovskaya desde Pl. Revolyutsii até Kievskaya.
As razóns da construción da sección profunda da estación Arbatskaya radica no inicio da Guerra Fría. Son profundas e están ideadas para esconder xente no caso dunha guerra nuclear. Despois da finalización da liña en 1953.
Arquitectura [editar]
Durante os anos 60 a arquitectura das estacións variou seriamente e algunhas estacións como VDNKh e Alekseevskaya inauguráronse con maior simplicidade que o planeada orixinalmente.
Liñas [editar]
| # | Nome | Inauguración | Lonxitude | Tempo de viaxe |
|---|---|---|---|---|
| 1 | Sokolnicheskaya (Сокольническая) | 1935 | 26.2 km | 41 min |
| 2 | Zamoskvoretskaya (Замоскворецкая) | 1938 | 36.9 km | 50 min |
| 3 | Arbatsko-Pokrovskaya (Арбатско-Покровская) | 1938 | 44.3 km | 30 min |
| 4 | Filovskaya (Филёвская) | 1958 | 14.9 km | 27 min |
| 5 | Koltsevaya (Кольцевая) | 1950 | 19.4 km | 29 min |
| 6 | Kaluzhsko-Rizhskaya (Калужско-Рижская) | 1958 | 37.8 km | 58 min |
| 7 | Tagansko-Krasnopresnenskaya (Таганско-Краснопресненская) | 1966 | 35.9 km | 48 min |
| 8 | Kalininskaya (Калининская) | 1979 | 13.1 km | 17 min |
| 9 | Serpujovsko-Timiriazevskaya (Серпуховско-Тимирязевская) | 1983 | 41.2 km | 58 min |
| 10 | Liublinsko-Dmitrovskaya (Люблинско-Дмитровская) | 1995 | 21.2 km | 25 min |
| 11 | Kajovskaya (Каховская) | 1995 | 3.3 km | 5 min |
| L1 | Butovskaya (Бутовская) | 2003 | 5.5 km |
- Véxase tamén: Estacións do metro de Moscova.
Notas [editar]
- ↑ Moscow Metro numbers (páxina oficial, en ruso)
- ↑ Páxina de Metro Moscova - Urbanrail.net (en inglés)