Meat Puppets
| Meat Puppets | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Phoenix, Arizona, |
| Período | 1980 – 1996 1999 – 2002 2006 – actualidade |
| Xénero(s) | rock alternativo, cowpunk, hardcore punk, rock psicodélico |
| Selo(s) discográfico(s) | SST, London, Atlantic, Rykodisc, Anodyne, Megaforce |
| Membros | Curt Kirkwood Cris Kirkwood Shandon Sahm |
| Antigos membros | Derrick Bostrom Kyle Ellison Andrew Duplantis Troy Meiss Ted Marcus |
| Web oficial | themeatpuppets.com |
Meat Puppets é unha banda de rock alternativo estadounidense formada en xaneiro de 1980 en Phoenix, Arizona. Orixinalmente estivo composto por Curt Kirkwood (guitarra/voces), o seu irmán Cris Kirkwood (baixo) e Derrick Bostrom (batería). Os irmáns Kirkwood coñeceron a Bostrom cando ían á Brophy Prep High School en Phoenix. Os tres trasladáronse a Tempe, Arizona (un suburbio de Phoenix onde está a Universidade Estatal de Arizona), onde os irmán mercaron dúas casas pegadas, unha das cales tiña un galpón onde ensaiaban regularmente.
Meat Puppets foi un dos grupos máis notables do conxunto do selo SST Records (a través do cal editaron a meirande parte dos seus discos), e comezou como unha banda de punk rock pero, como moitos dos seus compañeiros de SST, Meat Puppets conseguiu un son propio, mesturando punk con country e [rock psicodélico]], coa axuda da característica voz de Curt. Meat Puppets posteriormente gañou moita fama cando os irmáns Kirkwood foron convidados para tocaren con Nirvana no seu MTV Unplugged en 1993. O álbum de 1994, Too High to Die, converteríase, xa que logo, na súa edición máis exitosa. O grupo separouse dúas veces, en 1996 e en 2002, pero reuniuse novamente no ano 2006.
Meat Puppets influenciaron a varias bandas como Nirvana, Dinosaur Jr., Pavement ou Soundgarden.
Discografía [editar]
- Meat Puppets - 1982.
- Meat Puppets II - 1984.
- Up on the Sun - 1985.
- Mirage - 1987.
- Huevos - 1987.
- Monsters - 1989.
- Forbidden Places - 1991.
- Too High to Die - 1994.
- No Joke! - 1995.
- Golden Lies - 2000.
- Rise to Your Knees - 2007.
- Sewn Together - 2009.