Meat Puppets (álbum)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Meat Puppets
Álbum de Meat Puppets
Publicado1982
Gravaciónnovembro de 1981
Duración21:29
Xénero(s)hardcore punk, punk rock
Selo(s)SST Records
Cronoloxía
In a Car Meat Puppets Meat Puppets II

Meat Puppets é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock alternativo Meat Puppets, publicado no ano 1982 a través do selo SST Records. A diferenza dos seus lanzamentos posteriores máis coñecidos, este disco ten un son máis hardcore punk.

O disco foi gravado nuns poucos días, hai moi poucos overdubs e moitos dos temas son primeiras tomas. Ao igual que outros dos primeiros álbums de SST a calidade do son é máis ben irregular; hai saturación no fondo da música. A banda optou por isto xa que se sentían máis cómodos gravando ao vivo con só uns poucos micrófonos en vez de empregar técnicas convencionais de separación de estudio. En 1999, Curt Kirkwood dixo, "O primeiro [álbum] foi o noso disco de LSD. Estivemos tres días no estudio, e viaxamos todo o tempo. E foi realmente xenial, e realmente molesto tamén, porque nos volvimos tolos".[1]

A reedición de Rykodisc de 1999 conta con todo o EP In a Car, ademais doutras 13 cancións extra, moitas delas descartes ou improvisacións no estudio, e un videoclip da banda interpretando "Walking Boss" ao vivo. O libreto tamén ten notas de Gregg Turkington e do batería Derrick Bostrom.

No libro de 2012 Too High to Die: Meet the Meat Puppets de Greg Prato, un capítulo enteiro está dedicado ao guitarrista de Soundgarden Kim Thayil explicando porque Meat Puppets é un dos seus álbums favoritos.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todas as cancións escritas por Meat Puppets, agás onde se indique.

Álbum orixinal[editar | editar a fonte]

  1. "Reward" – 1:11
  2. "Love Offering" – 1:28
  3. "Blue-Green God" – 1:22
  4. "Walking Boss" (Doc Watson) – 2:52
  5. "Melons Rising" – 0:53
  6. "Saturday Morning" – 1:30
  7. "Our Friends" – 2:11
  8. "Tumbling Tumbleweeds" (Bob Nolan) – 2:02
  9. "Milo, Sorghum, and Maize" – 2:15
  10. "Meat Puppets" – 1:38
  11. "Playing Dead" – 1:28
  12. "Litterbox" – 0:50
  13. "Electromud" – 0:47
  14. "The Gold Mine" – 1:02

Cancións extra do CD de 1999[editar | editar a fonte]

  1. "In a Car" - 1:21
  2. "Big House" - 1:07
  3. "Dolphin Field" - 1:09
  4. "Out in the Gardener" - 1:04
  5. "Foreign Lawns" - 0:37
  6. "Meat Puppets" - 1:33
  7. "Everybody's Talking" (Fred Neil) - 2:42
  8. "H-Elenore" (Curt Kirkwood) - 1:39
  9. "Hair" (Monitor) - 1:26
  10. "I Got a Right" (Iggy Pop) - 2:40
  11. "I Am a Child" (Neil Young) - 2:14
  12. "Franklin's Tower" (Jerry Garcia, Robert Hunter, Bill Kreutzmann) - 4:52
  13. "Milo Sorghum & Maize" - 1:32
  14. "Electromud" - 0:45
  15. "Love Offering" - 1:03
  16. "Saturday Morning" - 1:11
  17. "Magic Toy Missing" (Curt Kirkwood) - 1:28
  18. "Unpleasant" (Curt Kirkwood, Derrick Bostrom) - 1:02
  • Pistas 15-19 procedentes do EP In a Car.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Meat Puppets rise to their knees". The Austin Chronicle. Consultado o 5 de outubro de 2018.